xoves, 9 de setembro de 2010

eu.

eu.

agora chego antes ao traballo

cobro menos

estou hipotecado

síntome temeroso

adaptado ás adversidades

descontento

espoliado por outros

alleos

paciente

coa conciencia amortizada

pola frustración

inútil

encho botes valeiros

de REALIDADE

e mordo o corazón

para non atragantarme.

3 comentarios:

TROMPETA dixo...

Moi bo, sen comentarios ou eu ou EU?

Anónimo dixo...

Nada novo, que afogo!
na nada novo, sen alento,
nada sen tormentos,
nada meu, nada, non facemos nada,
sen nada que facer nada que dicir
sen nada máis que criticar
e nada mal e nada ben
e nada que o torrente flue
e nada, eu morrín, xa non son
e nada, desaparecín, do redor
e nada, que tal?
e nada, non estarei
e nada, meu rei
e nada, sen nada, para nada por nada digo eu que debo felicitarte polo teu tesón, xa non temos nada.

Asdo: Efemérides Todo

Anónimo dixo...

Cumpreanos feliz, cumpreanos feliz...

Felicidades,neste día, desexo que todo sexa bo, que o pases moi ben que teñas moitos regalos, pois os mereces.Grazas por todo o que ti nos regalas, por ser como eres..

e que cumpras moitos maiiisssss..