
son un simple condenado
unha arbore torta sen enderezo
unha boca cerrada
pola que non entran as moscas
e toda a culpa
como razón para sobrevivir
fixen algunha promesa
pero querendo ser licito
encadeoume o esquecemento
e déixeme da felicidade
de tratar aos demais como iguais
non me laio
condenado pola culpa
do que xa non doe
e saíu da miña memoria
compro e vendo o esforzo
algo tan antigo
como coller e agarrar
como o ollo e a man do ser humano
estou condenado á mala conciencia
ao pracer da persecución
que volve todo instinto cara dentro
e contra un mesmo
ti que me ofreciches unha flor sanguenta
para amainala sede da miña loucura
e pousaches nos meus labres
esta desfigurada beleza
agora canto maior é a miña débeda
tanto máis e o poder dos deuses
é tan grande a miña inocencia
que so pola dor volvo á memoria
e deixo intimidarme por ela.
3 comentarios:
Debería de haber unha desas opcionais no bacharelato e sabes cal: POESIA e ti un dos seus mestres, un dos seus…….Parabéns.
E que foi? Unha multa,
unha sanción que repunta
no teu corazón,
Marabuuuuuuunnta!
E que foi? Non é de lei,
ser condenado por un mesmo,
sen tribunal, sen criterio.
Hemiiiiiiiisfeeeriooo!
E que foi? Pefecta beleza a súa
a enruga e as feridas, son
dáctiles, son oasis de memoria!
histoooooooria!
E que foi? que me estás contando? un fado ou un tango?
Anímese, home, anímese, que ben sabe que non facemos nada.
ASDO: Efemérides Todo
Parabensssss... polos 1200 votos.
Publicar un comentario