
son un simple condenado
unha arbore torta sen enderezo
unha boca cerrada
pola que non entran as moscas
e toda a culpa
como razón para sobrevivir
fixen algunha promesa
pero querendo ser licito
encadeoume o esquecemento
e déixeme da felicidade
de tratar aos demais como iguais
non me laio
condenado pola culpa
do que xa non doe
e saíu da miña memoria
compro e vendo o esforzo
algo tan antigo
como coller e agarrar
como o ollo e a man do ser humano
estou condenado á mala conciencia
ao pracer da persecución
que volve todo instinto cara dentro
e contra un mesmo
ti que me ofreciches unha flor sanguenta
para amainala sede da miña loucura
e pousaches nos meus labres
esta desfigurada beleza
agora canto maior é a miña débeda
tanto máis e o poder dos deuses
é tan grande a miña inocencia
que so pola dor volvo á memoria
e deixo intimidarme por ela.