dos
fértiles fillos de Tomás
es
a fecunda nai que os mece
ventre
do horizonte
enchida
de non lugar
que
cegas de voluptuosidade
o
rural de debuxos deformes
á
túa beira resoan
pasos
de corpos ausentes
distancias
nun
territorio extenso
afastado
e inconexo
fuches
fermosa un día
e
déixachete impresionar polo abismo
unha
casa sen tellado construíches
enriba
dun xardín de lirios
quédaste
coa luz
da
lúa crecente
que
alivia a túa invernía
e
ao abrigo
do
teu manto utopía
das
de mamar cos teus peitos
aos anhelados pensamentos
no teu berce
desbotando a teoría sen demora
para levar a arcadia verosímil
lonxe de todos os avernos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario