volvo
encomezar
como
o obxecto dun desexo
sen
unir nin afastar
como
a
caída
dunha
flor
que
se
despide
do
seu
talo
nunha
vertixinosa sensación
algo
semellante
a unha
perplexidade
a
unha dolorosa ilusión
para
quen
non
ten un anaco de terra
onde
botar
os seus
ternos froitos.