vexetais abúlicos
toman un café ao teu lado
vas convidalos ti
por non fartarte
mentres saen da letarxia
á luz do día
e non topan senón palabras
bordadas nun escapulario
por que sábenlles a pouco
todas as marabillas
que miran os seus ollos
un espazo que dentro deles
non está
e no seu sitio
medra unha cunca difícil de colmar .
Ningún comentario:
Publicar un comentario