
(en 330.000 enquisas)
estou farto de dicircho
non sei se é que non o queres saber
o que te mata a ti
é o mesmo que me mata de ti
e podo aguantalo outro pouco
que te empeñas en traducilo
que entendes perfectamente
o mesmo idioma que falamos
cando collas á apatía
e a tires no container
cando esta entelequia
sexan as mans que traballan
para abolir as categorías
e as sobremesas non sexan diarias
cando cantes por que ai fame
para cantar
cando fales por que ai fame para falar
por que as letras coméronchas todas
non terás que volver a traducilo
mesmo que che digo
o mesmo que ti entendes
cando tires ao container
aos tempos indefinidos
para definir coa túa lingua
tódolos tempos por vir
deixaras de matarte ti
e deixaras de matarme a min
deixaremos de ter
unha lingua imaxinaria
e agora voucho contar
coma mo contou a min a miña nai
érase unha vez que se era
érase unha vez que non se era
e no que non se é
érase unha vez un cortello
no que é o que non é.