pintas peixes enriba da táboa
entre burbullas turquesas
subindo
e baixando
entre augas de oxitocina
indo
e vindo
dun lado a outro dunha illa
de carbón de debuxo e sanguina
no medio quedos
seguen a medrar salgueiros
suspirando
polos que están cheos de bondade
na metade da folla
ir
e vir
sen esperar empatía
pasando desinteresados
parecen un fío
polos buracos xenerosos dun urdido.