
"A miña linguaxe é a puta universal á quen teño que converter nunha virxe". Karl Kraus.
Representación do cotidian, o anónimo, o que queda entre liñas. A poética das cousas pequenas que conforman os mundos que habitamos, nomear o pequeno para velo grande na súa xusta medida e o concreto como universal. A necesidade de volver crer en nos, empregalos nomes axeitados, dende o silenzo, deletreando cos labres ata quedar mudo, como si non lle importara a ninguén. Para soster entre os dentes a única patria que non é outra ca infancia. Ao fin sexa.
Este vídeo que aquí presento nun formato Nero Show Time só pretende falar deso mesmo da inopia e dicir desa pobreza que a algúns nos ten tan sumidos e tamén tan asumidos.
Isto non é un préstamo, non é un pretexto é unha resposta a tanta inopia. Grazas.