foi onte cando era outono
e non veu o frío
nin caeron as tristes follas
para nadar na choiva
foi onte cando era outono
e nun branco lenzo
debuxabamos con cinza o magosto
e as ocres augas das fontes
daban de beber aos cervos
e da mirada dos seus ollos
medraban paisaxes vermellos
foi onte cando era outono
e no envés dunha folla
abrazábanse dous ternos mancebos
sentíndose presos sen saber de que
e nos informativos desfilaban os hipócritas
ao mediodía
traéndonos debaixo dos seus brazos
o seu sol de mentira
para roubarnos o outono outra vez.
%20(1892-1974).jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario