mércores, 30 de abril de 2025

voces.



os pensamentos que deciden

as follas déixanse caer

o vento move as túas mans 

velas dun barco singrando

nun océano de palabras

palabras en silencio de palabras

unha gorxa que rompe

un cantil que para súa sorpresa

toma a iniciativa

e leva as follas que sobre el caen

augas abaixo á mar

as túas cellas son vencellos

apenas unha leve oración

que suca entre unha nube de silabas

para ir madurando

palabras que mastigas a culleradas

de palabras que se van trenzando

cordas suspendidas

que xunto a ti forman un dindán.