o sabor dun brazo de xitano
perdura máis que un roubo
e a confianza entre tolos,
as teimas poderían
construír outro mundo
ese que debería ser tan xusto,
ninguén buscara nas terrazas
entre cervexas e pitos
as miradas perdidas,
a túa nai
non volverá a mandarche por madalenas
envoltas en forma de vieira,
nin toparas entre dous millóns
oitocentos mil habitantes
unha saliva igual á túa,
non lembraras o cheiro a manteiga
e detrás da palabra ferverache a ausencia
por que xa non hai fogares
para amar.

