nos que non nos fartamos
atravesando esta cruel espesura
sobre un río quedo
pintado nun cadro dunha vella paisaxe
por un enfermo de melancolía
un doente choroso e retraído
unha natureza morta que navega
sobre un río quedo
pero os prados verdes e vermellos
pero os prados verdes e ocres
onde medran corazóns inaccesibles
que nunca derramamos
nin lles sacamos as ramas secas
nin regamos nin abonamos
non hai quen salve os días
nos que non nos fartamos
vanse entre a auga opaca dos recordos
sobre o leito deste río quedo.

