venres, 26 de xuño de 2026

para resistir.


 

se foras un paxaro podías escribir no ceo

dignidade para que se cumpra

dende alá enriba

sen necesidade de partir o corazón

a ninguén en anacos

debuxarías unha caricia

que deixaría durmidos os adeuses

para sempre

daríaslle a volta ao inhumano

e o que non nos alenta o apertariamos

resistiriamos cal templo vencido

que se ergue entre as súas cinzas 

deixariamos de repetir todo o tempo

todas as palabras que xa non din nada

todas as penas todo

todo o que non sírveo nos momentos

difíciles

para que desfaleza para sempre

contra o espigón das nosas almas.