martes, 28 de outubro de 2025

mero.

 


quería quedar así

como antes de antes

de moitos antes

antes de que abriran

os crocus de outubro

como ulir

antes de darlle nome

como un espanto

como unha primeira ilusión

como unha mirada

sen presa

como un pensamento

abstracto

un momento perenne

quedar así

como antes de antes

de moitos antes

de todos os antes.

 


Ningún comentario: