o outono infinito
debuxa o fume no ceo
un xerro
de ocres flores
aman o sol
que asoma entre nubes
e cae diluído nunha copa
de cristal
onde beben os abellóns
un prado
un mar de herba
onde parecen nadar as bestas
para caer descansadas
como un abano aberto
rumiando
que necesitas para vivir?
unha tarde que remata
e xa amañece
as palabras que apenas quedan
un doce bico
mentres hai tempo
como antes
despois de todas as traizóns .
Ningún comentario:
Publicar un comentario