xoves, 26 de outubro de 2023

abstracto.





escoita así se aman os xabarís

entre lama e bafexos

suando o fento e o solpor

dos simbólicos sendeiros

mágoa que dende unha illa

de carqueixas próximas

polo seu periscopio

os observa un cazador

escoita como se aman os xabarís

e desvía a lente cara o ceo

levando a vista

a conversas que lembra

soños que esquecera

a auga do rego

baixa con forza

por que chove

e sen velo solo que pisa

esvara e cae

tocan as campás a hora

alá na aldea

e parecera que alguén

ao outro lado da porta

o estivera esperando

vaise voando reirrei

escoitando o amar dos xabarís.

 

 

mércores, 27 de setembro de 2023

árbores.


 

non te preocupes

non somos nós

nin ninguén

as persoas mais importantes

son as árbores

por que son nobres

por que imitan aos deuses

e te miran cunha mirada

indescritíbel

as persoas mais importantes

son as árbores

por que son normais

conservan a parte de natureza

que nós desdeñamos

por que na súa humidade e silencio

detense o outono

e nas tardes perennes

antes de denudarse

lémbranse tódolos anos

de ofrecernos os seus froitos

para que non chores.

 

luns, 21 de agosto de 2023

salitre.


 

diante baten as ondas en vilarrube

deixando todo atrás para sempre

parece que ao mediodía volve amañecer

para contarse a un mesmo

unha fábula ética

que deberá resolver

na auga do mar

non hai máis que nadar

e darlle de comer as palabras

aos peixes

unha illa enriba dun anaco

de plancto

vaise soprada polo nordés

unha pesadume

iría con ela pero déixaa marchar

sabe que lle queda

unha fábula ética

que deberá resolver

reducir todo o mundo

á cantidade de sal da auga

que pode coller coa súa man.



venres, 21 de xullo de 2023

cinza.

 

todo é cinza

e da cinza sae a súa obra

un paxaro que pousa

e golpea o teu corazón

que se esgana latindo

todo é cinza

baixo as linguas de lume

brota a semente

un canto ardendo

a medianoite sentado nun banco

vai vendo

que vaise elevando no ceo

todo é cinza

que reflexa unha nube

que sabe irse

un espello que voa

en busca doutro cerne

enriba do que pousarse

para volver comezar.


venres, 16 de xuño de 2023

o que nomeas.

 


non se pode plantar minutos

nunha maceta

para producir horas novas

non se pode evitar ter

todo o que podes nomear

as formigas deixan os seus ovos

na caixa de correos

e cando collo unha carta

desaparecen

nunca estiveran alí

para despois na próxima carta

volver desaparecer

non se pode plantar

o tempo que fuches feliz

por que ese tempo

esta ocupado por outro

o único que medra nel

é un campo de feridas

nada de aquelo é agora

ata o punto de parecer

que nada de aquelo era

o que che parecía

o d i o  

a m o r

só tes o que podes nomear.

 


mércores, 17 de maio de 2023

del riego.


 

¿Ónde está o pobo?


Onde está o pobo?

-perguntaba o patrón-

Un silencio de máquinas

detidas en ringleira

foi aquela resposta.

¿Ónde, ónde está o pobo?

¿Mais non baixa

ou non rube das entranas da terra?

-Pescudaba teimoso-

E o pobo estaba alí

naquel carbón

coma unha noite pecha.

¿Ónde, ónde está? -aficaba-

está fora ou adú ten ido?

un asopro de velas

que veu do mar infindo

detívose na orela

das praias, silandeiro.

¿Ónde, ónde se asconde?

¿Non está na cidade?

Mais non tería resposta

que o pobo estaba allur,

en todas partes,

afincado tras da porta

da súa libertade.


A F. Fernández del Riego. (Poesía Galega pax.358).



xoves, 6 de abril de 2023

pascua.


 

abrir as portas dos templos

e deixar que saia todo o que morreu

plantar ombreiros rotos na terra

regar con voces que desertan

mollar con eufrasia os ollos

para aínda non quedar cego

pasear nun insomnio

polos sotobosques da pascua

nesta fantasía botánica

onde van vestíndose as árbores

e baixando en ringleira

corazóns de formigas

que desfilan articuladas

por riba dun roscón

non salva deus este momento

agás o que non é humano

aquelo que se lle chama sorte

xa que non hai vacío

por que non desaparece

por que non remata

para o domingo de gloria

volver resucitar .