xoves, 26 de outubro de 2023

abstracto.





escoita así se aman os xabarís

entre lama e bafexos

suando o fento e o solpor

dos simbólicos sendeiros

mágoa que dende unha illa

de carqueixas próximas

polo seu periscopio

os observa un cazador

escoita como se aman os xabarís

e desvía a lente cara o ceo

levando a vista

a conversas que lembra

soños que esquecera

a auga do rego

baixa con forza

por que chove

e sen velo solo que pisa

esvara e cae

tocan as campás a hora

alá na aldea

e parecera que alguén

ao outro lado da porta

o estivera esperando

vaise voando reirrei

escoitando o amar dos xabarís.

 

 

Ningún comentario: