sábado, 28 de novembro de 2026

recíproco.

 


por un momento

son a boca dun volcán

vomitando esperanzas que fuxiron

e aínda así volvo a visitar

ao eu que non sei si aínda existe

para rozar outra vez o seu sexo

na herba cetrina da chá

disgregándome en pequenas expedicións

polo longo do meu corpo

transitando por riba

dende lonxe dos recordos

dirixíndose a algo

a algunha parte

que vai planeando sobre o escarnio

como unha presa

que esixe o infinito

farto de interrogarse

pero esta noite

pero esta noite

pero esta noite

escribo sobre o xeo

para que cando no mediodía

o quente o sol e o licue

déalle de beber ao desconsolo

para fartar a súa sede

para que a próxima vez traia un xoguete

unha aperta un bico unha ferida

unha feble salvación.

 


Ningún comentario: