esta mañá non é de ninguén
  á miña beira durme unha ancora
  eu cos ollos debuxo nubes no ceo
  e o olor das flores cando suspiro
  mándame ao sol que ilumine as mámoas
  cheas de ollos negros e sombras lentas
  e desvele o tacto dos meus dedos
  rompendo a xeada do teu corpo
  nesta morada de follas secas
  cal tesouro roubado do prefacio dun libro
  conta nun ábaco de landras
  cantas veces as mans ó corazón petan
  con forza
  e declina na auga a sangue
  que vai chegando ao río
  tinguindo ás escamas dos peixes de atardeceres
  adeus adeus
  de presas e afogos de paisaxes indecisos
  e no medio deles
  reflexa como a luz nun espello
  este goce ebrio que converte á miseria
  nunha novicia branca e bela
  embriagante como o máis doce viño
  que so se pode beber mentres soñas.

 

5 comentarios:
Despois de ler este poema ven a miña cabeza aquela frase do romanticismo , enténdase ao movemento romántico século XIX en Alemania e Inglaterra. “ A beleza é a liberdade”.
A paisaxe chea de conexións cos sentimentos ambientes nocturnos e sepulcrais a natureza expresión dos sentimentos do poeta.
Os principios divinos que murmuran entre as letras para entendelo amor noutros poemas neste blog .
Ante tanta indiferenza. Parabéns!.
Estou sempre pensando teño que poñerlle algo teño que faguelo e veño por aquí a miúdo as veces digo volvera a escribir volvera a facelo é que parece que cada poema que escribes é o final o final de todo e cando pasan días e non hai outro novo digo desta vai e logo aparece apareces como vido dende o que nos non nos atrevemos mireite fai tempo na Casa Galega da Cultura é quedei penso que foi ó único que escoitei por que te metiches dentro semellas algo vido de lonxe moi lonxe.
Forza.
E'un piacere leggere la tua poesia qui in Italia è ben compreso scritto galiziano. nelle ore di buona e salute.
Moitos Parabéns!.
Hola, queríamos darle la enhorabuena por su blog y además
ofrecerle nuestro servicio gratuito de intercambio de
banners con el que conseguirá más visitas para su blog.
Puede informarse sobre nuestro servicio en:
www.simban.site50.net
Publicar un comentario