os corazóns non latexan 
nas entre teas dos manequíns 
as urbes son construcións 
de días perdidos
de culturas asoadas
todo o que te espanta
é soportábel 
non se fan discursos 
mirando ás mans
só mirándoas 
lemos para evitar lembrar
todo o que nos avergonza
estranxeiros das entrañas 
da nosa nai
intoxicados de anguria 
habitamos nunha casa
onde somos incapaces
de recoñecer os obxectos
postos nos andeis
a memoria é tan parecida
como as imaxes ás letras.
martes, 4 de outubro de 2011
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

 

1 comentario:
Oh!. Leirachá. Leirachá dende o teu Hipnos acendes reflectida nas túas letras esta lus que nace dende a escuridade para iluminar esta estrataxema que é a vida.
Umha forte aperta querido.
Publicar un comentario