martes, 3 de abril de 2018
lamento.
sábado, 17 de marzo de 2018
elías.
as aparencias modificables
son pedras tiradas nos
camiños
das casas baleiras
dos que se foron
provisionalmente
sen chegar a ser
elías mira os enderezos mudos
e na súa man posase un saltón
polo que pasa un tren
sen apeadeiro
agás un suspiro para
conmoverse
e palpitar de xubilo
para que as cousas tomen nome
e mudar o seu pensamento
qué é o que se lle permite
esperar
sabe que ninguén pode pintar
o azul tan puro dos seus
ollos
xa non ten medo
a non ter nada
nun mundo determinado
cheo de incertezas
sen oportunidades
elías ante o seu destino
de kantiana repetición
suspira con violencia para
conmoverse.
venres, 9 de marzo de 2018
aínda.
matar a historia
esta fatalidade
para resucitala memoria
contada por ti
aleitando a dor a escuras
o enigma home-muller
por descifrar
as vidas que choran
a nosa consanguinidade
unha dura supervivencia
aínda lonxe
da fraternidade dos sexos
por obra e desgraza
da frixidez do pasado
un alimento que produce fame
que soterra o amor
e sementa a traxedia
que sega o futuro
e constrúe un templo en ruínas
un soño rematado
matar a indiferenza
para que caía o protagonista
para que exista a decencia
para vivir nun universo común
para habitalos mesmos
intereses
os mesmos espazos
vivir ou morrer ese pasado
para vivilo futuro en
igualdade
e precipitar a morte desta
decadencia
por que ti non es
o que o home quere que sexas.
luns, 26 de febreiro de 2018
inválidos.
cando raie o día
podedes seguir mandándome
un inútil recado
ou un ramallo de nonmesquezas
tecer unhas pesadas trenzas
para levar na cabeza
para meditala distancia
que entre vós e eu queda
para non quitarme
de enriba este peso
para seguir malvivindo
estes derradeiros días
cando raie o día
que me fai estar ausente
de tódalas delicias
quen nos recoñecera mañá
se non é a alma da poesía
co seu cálido éter
cando caian os canastros
voltara a vir á nosa memoria
a semente que garda algo de
nós
e fartos de ser submisos
conforme ao falso amor
que profesades
nas paredes onde as vosas
sombras
acougades
para que as alimente o aire
fartarémonos
dunha gran mentira
a falta de esperanza
para seguir mantendo
as nosas lacerías.
venres, 2 de febreiro de 2018
hebdomeros.
entre os piñeiros mártires
nunha plataforma
o rei lear sorprendía aos
paxaros
perdendo a súa humildade
ante a mirada insólita
dun matrimonio etrusco
pero á forza de permanecer
sobre ela
de bruzos petrificouse
a hebdomeros inquietábanlle
as cabezas dos paxaros
o mal polo mal
xogar ao fútbol cun zapato
vello
para perder a nostalxia
para ser como os demais
e non podía ser certo
svetonia! esvetonia!
fíxose a luz na súa mente
fuxir si fuxir fuxir a onde
fora
fuxir como fora pero fuxir
agora cas sombras dos reloxos
marcaban a media noite
correr como os cans
dos homes mudos
entre as ringleiras de
traficantes
sifilíticos ou blenorráxicos
entrenados no difícil xogo
de dobrar o ángulo das súas
miradas
para deixalas sobre as
paredes
disecadas de escorzo
cando as velas negras dos
piratas
aparecían
e da única arma que se falaba
era do cañon
por que ninguén tiña un na
súa casa
historia mentres sentábase
nunha nube
e mercurio voando miraba cara
abaixo
axitando o seu caduceo
ante o aburrimento dunha vida
ordenada
de balcóns cheos de pedantes
de seres que non morren de
gozo
ou aos que lles invade a
seguridade
de recibir na hostia ao Deus
no que cren
aquela noite hebdomeros
volveu á súa casa
para durmir o soño dos xustos
pero deuse volta no seu leito
e ela faloulle da
inmortalidade
xamais pensaches na morte
da miña morte?
hebdomeros deixou de pensar
ante a brisa de aquela voz
foi lentamente cedendo
deixándose de todo
para recobrar outra vez
forzas
para recibir un so golpe
certeiro
para pechar o derradeiro elo
co separaba da gloria.
sábado, 27 de xaneiro de 2018
nicanor adeus.
alá con Rimbaud e Budelaire
coas almas da clase media
nun ceo por magoa capitalista
con anxos nerudianos
so cambiando os decorados
para ser o mesmo momo
servíndovos en pratos finos
os delicados friames dos
poetas
para non perturbar
os vosos amortallados corpos
xa non hai que lembrar as tradicións
como ti dicías
son tíckets e boletos de
feira
xa pouco o nada importa
non é que non se poda dicir
é que non se di nada
en falso vivimos é certo
neste modelo absurdo
aquí abaixo
neste mundiño cheo de
mascaróns
que nin denuncia nin
esperanza deixan
nin cren nin din nada
por mais que escribir tentan
senón os seus cínicos
artificios
coas súas solemnes fachendas
deixádeme rir!
mascullan entre eles
as súas boubas poéticas
para pasar a posteridade
breve
sen conduta
sen cambiar modos de ver o
mundo
salvadores de todo prexuízo
sen cambiar unha soa letra
non se pon nada que non se
deba
pois non entra nos seus dous
minutos de grandeza
esta ben así!
non hai salvación nin se
quere
para o resto dos mortais
mentres alá arriba vós
degustades
as virtudes da morte e os friames
permitídeme
que aínda que non teño velas
para este enterro
rir como un antipoeta
acaso vivir no caos
entre tanta fame e miseria
é crer que non xira a terra?.
venres, 12 de xaneiro de 2018
brúa.
brúas por non saber esperar
dormes
por non saborear a felicidade
por que che parece irreal
mátaste antes que desexar
o deserto
Deus espera co denuncies
e por medo á dor
sementas unha veiga
de almas ausentes
os homes fortes non teñen coidado
de manterse
os demais deciden
para crear cidades
onde non deberían de existir
as que ninguén ven a soñar
para que ti sigas renunciando
cada ano a unha vida máis
digna
non para curar aos cegos
se acaso para co teu quentador
funcione
non para alimentar a catro
mil
senón para escoller o tipo de
leite
non para resucitar a Lázaro
e á desgraza chámaslle
casualidade
aos pés da cama para sentir a
emoción
de ser o ladrón da túa vida
acosado por ti mesmo
máis para dubidar un momento
brúa
co medo produce mais proezas
ca valentías
por exemplo
Deus espera co denuncies
deixa de atormentarte pola incertidume
brúa por que canto máis o
fagas
máis aumentara a sede do teu bruído
por que Deus sigue calado
esperando co denuncies.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







