sábado, 8 de marzo de 2014

leopoldo na memoria.


«allá estará también la castañera
de ocho pares,
y el humo de los céntimos, y el vaho en los bolsillos»
Leopoldo Panero “Escrito a cada instante”
 
Pero no sólo los mendigos, padre, van al paraíso
van también aquellos que aun más asco dan
también estos mendigos del ser que acezan
a la puerta del manicomio
esas caricaturas humanas, tal como esta
que Alicia se piensa en el
jardín no
humano de las flores
y quisiera destruir el universo
porque si hay algún monstruo, éste es la desgracia
y la única injusticia que existe es la injusticia evidente
y si hay alguna moral, ésta es la moral del desastre.
 
(Infierno y Paraíso).
 

martes, 4 de marzo de 2014

hirsuta.

 

ver para ela e pensade na máis grande marabilla
do universo xamais vista
mirala sen deter a vosa admiración
é única dende logo
e á par o ser máis belo
que alumeaba como un sol
nunha noite fría de inverno
mirala proeza da nai Natura
a  quen chamaron a muller barbuda!

Xulia Pastrana parecía que so o ceo
podía admirarte!

codeuse con Freud  e a elite máis ilustrada
da súa época
foi bailarina e mezzosoprano
centos de pretendentes facíanlle as beiras
tocaba a guitarra e montaba a cabalo
admirada en faladoiros e ceas
polas máis intelixentes cabezas

se non fora……………………

pola perversidade do seu marido
morto avaro louco e atormentado
a pesar do seu finado parto
polo que el cobraba entradas para velo
para despois sen escrúpulos pasealos
embalsamados a ela e ao seu fillo
ela de bailarina rusa e corsé
e o neno cravado dun pedestal polos pés
vestido de mariñeiro
pola culta europa adiante e os estados unidos
a atracción máis grande
das cámaras de horrores
e museos de curiosidades
abandonados os seus corpos
nun vello almacén roídos polos ratos
non quixeron soterrala
na catedral de oslo
no derradeiro acto deste circo
puxeron enriba do seu leito de pedra
máis de trinta mil alelís e gladíolos
onde fora maltratada e vendida como escrava
ala en sinaloa

aquel desgraciado avaro e louco Theodor Lent
que ninguén lle perdoe!

 

 

 
 

venres, 21 de febreiro de 2014

remedio.


todo o traballo por facer
é todo isto ? .
unha fermosa solteirona
roída polos ratos
unha biblioteca chea de libros
coas follas en branco
un cerebro cheo de píntegas
unha ventá que da a espera
da que pendura inquieta a paciencia
pero todo isto non é nada útil
cambiei a farmacopea polos ungüentos
atesourar nada
ningún soño para converterse en realidade
nin curiosidade
tampouco envelenamento algún
non ai remedio
nin paz que podamos acadar
non sendo poñéndonos o inhalador
nun  momento de ocio
botámonos a chorar
para salvarnos dun cólico
a indixencia
podía darnos algún día nunca se sabe
non compro nada esta moi caro
todo o traballo esta por facer
o desexo de saber xa non nace da dubida
é todo isto ? .

 

 

xoves, 16 de xaneiro de 2014

frío corazón.


cando poderemos coñecernos
sen darnos conta de elo
nesta vida de mudos recordos
e ansiedades idas
cando poderemos coñecernos
nas sucesivas vidas
a alma esquece á morte e vaise
a súa esencia enche os xardíns
da noite
ata manifestarse de novo
o recordo da mirada me atormenta
ao deixarme vela no regato
que baixa a modo pola veiga
este amañecer frío e interminable
nunha fráxil  aparición
que esfumase en bastas tebras
pasmado
serei eu quen pasa polo camiño
o unha imaxe do que fun
noutra existencia antes desta
son eu o que mira
ou é outra mirada idéntica
cando podamos coñecernos
entre silenciosas sombras
sen medo a que se esvaezan
guiados nesta viaxe
de mudos recordos e ansiedades idas
fálame fálame para que eu saber
para que a alma saiba.

luns, 30 de decembro de 2013

final do camiño.

repudiala  razón das falacias
a vontade vive dentro da loita
que emoción ten máis dereito que outra
neste tedio que é escribir
ata que chegue o soño
e cando é así cando acontece
tópate espido liberado das ideas
borracho de remexer na alma tanta espera
con xorda muda e desesperada calma
de tódalas cousas que veñen de fora
deixando so apuntes físicos que se foron
diluídos nos anímicos pensamentos
para  crear novas emocións
o desexo de baixalo telón e cambiar de escena
un tempo sen tempo para vivir
a soidade bailando na lingua dunha vela
aspirar o amargor de tanta dozura
de todo o que non logramos coñecer
e produce un culto descrido
final do camiño para voltar a túa habitación
e sucar o planisferio nun teito escunchado
 esta esgotadora fatiga
doce amargor do que non logramos coñecer
perseguir e vagabundear neste final do camiño
para non desfacer este ensoño
da necesidade maldita de escribir.

 

 

martes, 17 de decembro de 2013

ideal.


cando de neno enterrei a frase
sen embargo
esforzábame por falar mais alto co vento
pero o vento non falaba
queixábase
e devolvíame  un sopro xeado
os días eran longos
para adiviñar as verdades ocultas
das cousas
e os homes facían alfabetos coas pedras
as bolboretas de filigrana e prata
voaban  a redor da luz da estancia
e as súas miradas humanas se acendían
mentres eu acariñaba os seus abdomes
unha noite en vela
era terminar unha paxina escrita
nun soño para non volver acordala
mellor é chorar por que se foron
tódolos seres amados
que sufrir o que detestas de algo que non conclúe
sen embargo.

martes, 10 de decembro de 2013

universo.


esquecín o que tiña que dicir
para cando me poña enfermo
ti non  farías  o mesmo?
os praceres fáciles flotan no universo
nun ceo de migas de pan
polo que paseamos nunha calesa
tirada por cabalos de marino marini
ata a hora da cea
para despois xogar coas estrelas
non teño nada particular que dicir
máis que desexaría
poñer en orde ao descoñecido
que corta a herba do meu xardín
polo que van dous nenos
da man  dándose un bico de futuro
e aínda conservan, certa inquietude
si maduran en min os teus proxectos
e a man da imbecilidade non os podrece
dille el ao ouvido dela
xa é tarde
abaixo da herba
canta o desexo de matar ao xardineiro.