martes, 4 de marzo de 2014

hirsuta.

 

ver para ela e pensade na máis grande marabilla
do universo xamais vista
mirala sen deter a vosa admiración
é única dende logo
e á par o ser máis belo
que alumeaba como un sol
nunha noite fría de inverno
mirala proeza da nai Natura
a  quen chamaron a muller barbuda!

Xulia Pastrana parecía que so o ceo
podía admirarte!

codeuse con Freud  e a elite máis ilustrada
da súa época
foi bailarina e mezzosoprano
centos de pretendentes facíanlle as beiras
tocaba a guitarra e montaba a cabalo
admirada en faladoiros e ceas
polas máis intelixentes cabezas

se non fora……………………

pola perversidade do seu marido
morto avaro louco e atormentado
a pesar do seu finado parto
polo que el cobraba entradas para velo
para despois sen escrúpulos pasealos
embalsamados a ela e ao seu fillo
ela de bailarina rusa e corsé
e o neno cravado dun pedestal polos pés
vestido de mariñeiro
pola culta europa adiante e os estados unidos
a atracción máis grande
das cámaras de horrores
e museos de curiosidades
abandonados os seus corpos
nun vello almacén roídos polos ratos
non quixeron soterrala
na catedral de oslo
no derradeiro acto deste circo
puxeron enriba do seu leito de pedra
máis de trinta mil alelís e gladíolos
onde fora maltratada e vendida como escrava
ala en sinaloa

aquel desgraciado avaro e louco Theodor Lent
que ninguén lle perdoe!

 

 

 
 

1 comentario:

Anónimo dixo...

TRISTE, INEXPLICABLE Y MARAVILLOSA HISTORIA.