domingo, 27 de novembro de 2011

novembro.


escribo unha frase baixo do teu horóscopo
tódolos bosques son sagrados
e dende alí enriba as luces
debuxan , casas , salóns, presas,
penas , alegrías , odio , amor, noite
unha arquitectura deformada
vista de enriba da palma da túa man
que non se parece a ningunha outra
é tan distinta
como distinta é a miña sorte
quixera ás veces refuxiarme nun manicomio
pasear por un xardín abandonado
ser pácente debaixo dunha fonte que te molla
os pés
e hai tanto frío polas estradas que pasamos
volver pronunciar palabras que preñan
palabras que dan a luz palabras
chámome novembro
son unha verdadeira tormenta
ninguén pode ignoralo
entendo tódalas extravagancias dos deuses
pero si non logro a felicidade anunciada
descalzo enriba dun campo de gules,
alfaias, torsos modelados en mármore
ademáns pirandelianos alegóricos
vou e embriágome da beleza
e declamo cuasi teatral:  te-la-ra-ña.
xeométricos fragmentos maquinaria
un punto de referencia debuxado
nun mosaico renacentista
meu gran pracer sensual son os ollos
e por onde verdadeiramente entra todo
ei de permanecer tirado e quieto
para perder tódalas batallas antes gañadas
para volver a gañalas despois deste desterro
nun estudio
un barco navega na folla dun delinéante
que volve lembrar
un piano toca xordo os soños que se van cumprir.

domingo, 13 de novembro de 2011

cincuenta.


máis de cincuenta balazos
non lograron arruinalo peiteado
de Bonnie nin espantalo seu perfume
nin calar o saxo de Clyde
nin romper o mapa de Louisiana
Bonnie soñaba con ser cantante e poeta
deixala delincuencia
e na construción ver traballar a Clyde
pero as súas sortes estaban botadas
e escritas nun poema
que entregou Bonnie a súa nai
como fogar tiñan o seu coche
e algún roubo para ir tirando
e pola pascua entre tiros a familia ían ver
Clyde tiña o dedo floxo
non necesitaba que a cousa se puxera fea
para o gatillo premer
el só quería vingarse dos polis
que lle fixeran na cadea tanto mal
Bonnie escribía versos
de cando Clyde era limpo, reto e honesto
dos bancos en quebra
da pobreza e dos campos de algodón
do desemprego e a depresión
dun feixe de mentiras sen sentido
que os culpaban aos dous
se non fora que o xoves negro
pasou voando como calquera cousa
nas chabolas onde vivían en Dallas
esta historia aínda se conta agora
como nunha odisea fóronse
el conducindo descalzo
e ela comendo un sandwich
que un chivato os delatou
e que setenta e sete anos despois
máis de cincuenta balazos
non arruinaron o peiteado de Bonnie
nin deron calado o saxo de Clyde
dende aquela se canta en Louisiana:
“Así como as flores son adozadas
polo sol e a xeada
Este vello mundo e máis brillante
polas vidas de xente coma vos”

sábado, 5 de novembro de 2011

un día.



miña nai e eu debuxabamos
torres de castelos inclinadas
nas nosas mans frías
e alongabamos os brazos
que parecían non ter fin
para coller o sol que se escapaba
nas mañás de engano
de outono
para enfocalos seus ollos
cheos de segredos
deixando caer as silabas
dos seus labres na alfombra
cando facía que non sabia
continuar
eu insistente lle pedía
que me dixera algo
e ela me dicía
se eu puidera atrapalo
cho diría
mama abría tódolos caixóns
do seu corpo
para enchelos de estrelas de paso
e sempre se esquecía de cerralos
hai algo de nubes ai dentro
e unha choiva maina
eu lle daba papeis escritos
que ela non lía
por que tódalas palabras que necesitaba
non estaban alí
e eu non era capaz de topalas
mentres ela me dicía
unha estrela fugaz
que cae antes de pedir un desexo
eu cho diría.

martes, 25 de outubro de 2011

emboscada.


cae pétrea a aurora entre a herba
consagrando un corpo espido
esta mañá non é de ninguén
á miña beira durme unha ancora
eu cos ollos debuxo nubes no ceo
e o olor das flores cando suspiro
mándame ao sol que ilumine as mámoas
cheas de ollos negros e sombras lentas
e desvele o tacto dos meus dedos
rompendo a xeada do teu corpo
nesta morada de follas secas
cal tesouro roubado do prefacio dun libro
conta nun ábaco de landras
cantas veces as mans ó corazón petan
con forza
e declina na auga a sangue
que vai chegando ao río
tinguindo ás escamas dos peixes de atardeceres
adeus adeus
de presas e afogos de paisaxes indecisos
e no medio deles
reflexa como a luz nun espello
este goce ebrio que converte á miseria
nunha novicia branca e bela
embriagante como o máis doce viño
que so se pode beber mentres soñas.








martes, 4 de outubro de 2011

simulacro.

os corazóns non latexan
nas entre teas dos manequíns
as urbes son construcións
de días perdidos
de culturas asoadas
todo o que te espanta
é soportábel
non se fan discursos
mirando ás mans
só mirándoas
lemos para evitar lembrar
todo o que nos avergonza
estranxeiros das entrañas
da nosa nai
intoxicados de anguria
habitamos nunha casa
onde somos incapaces
de recoñecer os obxectos
postos nos andeis
a memoria é tan parecida
ás imaxes ás letras.

mércores, 21 de setembro de 2011

sede.


a secura de arrombar a vida
de entreabrirse de abrazos
de soster a ilusión nos beizos
do que non podes ver
dende a ventá a quen se perde
entre as nubes
as flores que nacen na auga
as bolboretas que se deixan
morrer nas noites de outono
sentir dó embriagado
ata perdela noción
do misterio dun bico
quen serei quen quero ser
amando cousas sen nome
de sede embriagado.






xoves, 1 de setembro de 2011

átomos.



marcharemos a unha terra lonxana
onde non ai olvido nin presa
por saciarse
onde as cicatrices que procura
o recordo vanse como os paxaros
nun dia de tormenta
estenderemos espellos
que proxecten sombras
e os arqueólogos buscaran atisbos
de literatura nos nosos sexos
alí os voyeurs non miran
por que o que ven non perdura
é cego
marcharemos a outro extremo
do mundo
onde hai un universo infinito
e brotan incansables átomos
nel nin existen distancias
entre os corpos
nin o drama entre amantes
marcharemos a ese pasado perdido
a idade feliz á utopía
ao futuro por crear
ao amor como única ambición
nunha cópula ata o limite
a salvo do inferno.