os corazóns non latexan
nas entre teas dos manequíns
as urbes son construcións
de días perdidos
de culturas asoadas
todo o que te espanta
é soportábel
non se fan discursos
mirando ás mans
só mirándoas
lemos para evitar lembrar
todo o que nos avergonza
estranxeiros das entrañas
da nosa nai
intoxicados de anguria
habitamos nunha casa
onde somos incapaces
de recoñecer os obxectos
postos nos andeis
a memoria é tan parecida
ás imaxes ás letras.
martes, 4 de outubro de 2011
mércores, 21 de setembro de 2011
sede.
a secura de arrombar a vida
de entreabrirse de abrazosde soster a ilusión nos beizos
do que non podes ver
dende a ventá a quen se perde
entre as nubes
as flores que nacen na auga
as bolboretas que se deixan
morrer nas noites de outono
sentir dó embriagado
ata perdela noción
do misterio dun bico
quen serei quen quero ser
amando cousas sen nome
de sede embriagado.
xoves, 1 de setembro de 2011
átomos.
onde non ai olvido nin presa
por saciarse
onde as cicatrices que procura
o recordo vanse como os paxaros
nun dia de tormenta
estenderemos espellos
que proxecten sombras
e os arqueólogos buscaran atisbos
de literatura nos nosos sexos
alí os voyeurs non miran
por que o que ven non perdura
é cego
marcharemos a outro extremo
do mundo
onde hai un universo infinito
e brotan incansables átomos
nel nin existen distancias
entre os corpos
nin o drama entre amantes
marcharemos a ese pasado perdido
a idade feliz á utopía
ao futuro por crear
ao amor como única ambición
nunha cópula ata o limite
a salvo do inferno.
luns, 22 de agosto de 2011
ábreo.
despois de abandonar os nosos símbolos
nunha noite romana
abrazámonos para beber sedentos
a gran marea que avanzaba dunha lúa amarela
que miraba e alumeaba os nosos cobreados labres
facendo xurdir da escuridade os nosos corpos
os nosos brazos coma esbozos dun pintor
que se quecen nas mans e se dilatan sobre o papel.
é o pincel o que imaxina o debuxo
logo o debuxo imaxina á forma
e a forma á natureza.
a nos pintábanos a lúa
deitados arredor da tumba de Sir Moore.
e ao cerralos ollos os pais das imaxes
os soños acosaban os nosos espíritos.
O Amor.
non hai maior calma e tempestade ao tempo.
seguro que non o sabedes
pero sodes insensatos ao non darvos conta
de que o soño vos devolve todo o que perdichedes
non hai homes na terra
e moi poucas esculturas belas
polas que asubíe ao pasar o vento
e ceos empedrados que aínda non veu naide
e un marabilloso olor a follas húmidas e a herba
o futuro é imposíbel sen dor
o derradeiro soño é negro
roma son tódalas noites sen loba que venerar.
nunha noite romana
abrazámonos para beber sedentos
a gran marea que avanzaba dunha lúa amarela
que miraba e alumeaba os nosos cobreados labres
facendo xurdir da escuridade os nosos corpos
os nosos brazos coma esbozos dun pintor
que se quecen nas mans e se dilatan sobre o papel.
é o pincel o que imaxina o debuxo
logo o debuxo imaxina á forma
e a forma á natureza.
a nos pintábanos a lúa
deitados arredor da tumba de Sir Moore.
e ao cerralos ollos os pais das imaxes
os soños acosaban os nosos espíritos.
O Amor.
non hai maior calma e tempestade ao tempo.
seguro que non o sabedes
pero sodes insensatos ao non darvos conta
de que o soño vos devolve todo o que perdichedes
non hai homes na terra
e moi poucas esculturas belas
polas que asubíe ao pasar o vento
e ceos empedrados que aínda non veu naide
e un marabilloso olor a follas húmidas e a herba
o futuro é imposíbel sen dor
o derradeiro soño é negro
roma son tódalas noites sen loba que venerar.
xoves, 18 de agosto de 2011
noiturnio do adolescente morto.
pra ver ô adolescente afogado.
antes que ise río o leve pro mar.
embaixo os arumes de pinos e d&derbas.
cobrindo de lirios a montana núa.
na lumieira murcha da súa triste boca.
pra ver o adoescente afogado!
antes que ise río o leve pro mar!
onde van e vên vellos bois de ágoa.
sobre a verde lúa, coma un tamboril!
porque xa ise río mó leva pra o mar!
Federico García Lorca.
(5 de xunio de 1898 – 19 de agosto de 1936) .
xoves, 11 de agosto de 2011
socorro.
infectado o ceo azul de cinza
debaixo das follas treme no seu leitoe vomita a vida
as flores cortadas non sangran
a desventura baixa a tragos pola gorxa
enmudecendo as pregarias
a foresta arde nas noites de verao
por unha man canalla
as polas das árbores imploran ao ceo
mentres nos as mollamos con saliva
inocentes bestas morren
ou marchan cara o exilio
as vellas saen das súas casas
e iluminadas polo resplandor do lume
din unha misa polos bichiños
que corren á pista a morrer
diante dos seu marmulos
a foresta arde nas noites de verao
por unha man sen esperanza
nun sobre colledor ritual
anegando a terra de ríos de sangue
que non se ven
é o espertar a morte
falsamente chorada por todosbagoas que caben no peteiro dunha galiña.
mércores, 3 de agosto de 2011
plutón.
padecer impasíbel
que non se esgotaque so espera
á consumación final
e declara mentres
a súa aspiración eterna
se desdí da súa condición
enaxenarse
da pura escravitude
plutón inconscente
misterioso e escuro
unha vez ao ano
rapta a proserpina
e pasa con ela no inframundo
seis meses
mentres que a natureza
durme e se murcha
esperando á primavera
recibe e xulga
ás sombras tristes
escoltado por un can
de tres cabezas
construíndo entre cipreses
e narcisos
o tempo anterior á desnaturalización
ao comercio divino e humano
o camiño do caos e a orde
non é o amor
senón o obxecto do amor
non é a rosa
senón as súas espiñas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





