o exacto non dura moito
é mais ben curto
como todo o nomeable
coma namorarse
como unha vela queimándose
nunha tarde de inverno
o exacto non serve de nada
sobre todo cando se mestura
cunha palabra que tes na boca
quizais por que 
medimos o noso mundo 
co dedo do pintor
demasiados metros no corazón
así
exacto
canto máis te afastas
máis medible é o imposíbel.

 

Ningún comentario:
Publicar un comentario