nada leva a un erro por compracerte
  nada ten unha cabeza
  nin unha opulenta morada
  nada profana este xogo
  verte ao revés de cómo te vexo
  collido polos pelos
  tan afinados son os berros
  neste tráxico desorde 
  cunha extinta esperanza
  nada é a vida que escapa a galope
  baixo un soportal cheo de estrelas
  que caen como as follas das árbores
  e deixan ver as flores decapitadas
  cortadas sen mais pedindo nada
  como as aves que venden nas feiras.

 

2 comentarios:
A nada e case todo é tamen o revés, xa que o demáis e todo.SEMPRE.
palabras, versos , música
enfeitizan co seu ritmo
gabean ca agilidade do vento
voan como suspiros
as veces saloucando, as veces risueños e cantarins, outras condeando, ou denunciando. Buscando sempre unha diana onde apuntar, ainda que non sexa precisamente de cupido
Publicar un comentario