víase nos ollos dos outros
sen alento coa mesma anguria
coma a aparición silenciosa 
dun cazador entre as ramas observándoo.
non se movía e o seu sorriso era unha talla de pedra 
propia de alguén que se propuxogobernalo seu mundo
cando todo parece estar cumprido
para sempreso concedería un favor:
a quen enriba deste balcón roto
sobrevivirá a se mesmo. 

2 comentarios:
Que sorpresa máis agradábel. Moi bo e moitas gracias e feliz ano e todo para ti,
Grazas por este agasallo un día tan louco como o de ano vello. Felis ano.
Publicar un comentario