sábado, 24 de xuño de 2017
xoves, 22 de xuño de 2017
cantiga de san xoán.
La, la, la, la, la, la, la,
( 4 veces).
Confía en min Zacarias
díxolle o anxo ao seu pai
a túa muller terá un fillo
e lle chamaredes Xoán.
Como poderei crelo
se a miña muller é vella
e non vai poder preñar
por mais que ela queira.
A auga que corre no río Xordán
por unha promesa
morreu San Xoán
morreu San Xoán
morreu San Xoán
por unha promesa
no río Xordán.
La, la, la, la, la, la, la,
( 4 veces).
Zacarías quedou mudo
ata seis meses despois
cando Isabel trouxo un neno
e Xoán lle chamou.
O pobriño quedou orfo
e ao deserto marchou
e vestido cun pelexo
fixo xaxún e oración.
A auga que corre no río Xordán
por unha promesa
morreu San Xoán
morreu San Xoán
morreu San Xoán
por unha promesa
no río Xordán.
La, la, la, la, la, la,la,
(4veces)
Cando tiña trinta anos
foise ao río Xordán
a bautizar ao Mesías
e viñérono a apresar.
Uns gardas que mandou Herodias
pois ela odiaba a Xoán
por botarlle en cara
o que fixera mal.
A auga que corre no río Xordán
por unha promesa
morreu San Xoán
morreu San Xoán
morreu San Xoán
por unha promesa
no río Xordán.
La, la, la, la, la, la,la,
(4 veces).
E así chegou o convite
que Herodes celebrou cun banquete
e mentres Salome bailaba
prometeulle todo o seu feudo.
E pasearon nunha bandexa
a cabeza do Bautista
para vinganza e contento
da súa nai Herodias.
La, la, la, la, la, la, la,
( 4 Veces).
sábado, 22 de abril de 2017
jezabel.
no dormitorio apesta a vao
un cheiro a herbas erguese
e no teito forma un ceo de
aromas
doce e pestilente
jezabel fala como se estivera
soa
tan pouca compaixón
habita na súa estancia
a súa soidade espanta
tantos seres que non podemos
ver
morren por esta causa…….
na súa caixa mestura cosméticos
nunha grande depresión de
marfil
onde garda unha congregación
de corpos en letargo
esperando espertar
a súper espiritualidade
jezabel adora a baal
e constrúe un xardín
de falsas doutrinas
de homes débiles que temen
a outros homes
que cando nesta travesía
se lles apagan as velas
caen como as bolboretas
nas mans do depredador
para ser gardadas entre as
follas
dun libro de arquitectura
para que cando o abra
mentres os homes débiles
temen aos outros homes
consigan voar
nos ollos sidonios de
jezabel.
venres, 28 de outubro de 2016
nada propio.
a perfección
non é un soño senón unha vida
as miñas riquezas están nas
babas
dos caracois
nada superabundante
relegado como tantos outros
a non exercer de nada para o
que fun
formado
cuestión de ética
non estar sobre os outros
non gardar nada para un
para alarde dos porcos que
medran
á nosa conta nun pais
cativiño
que minte aos pobres
e lles malvende unha fábula
para aceptar as súas
frustracións
para ver se van morrendo e
non molestan
deixa que che conte!
coma un paxaro que se golpea
contra os barrotes da súa
gaiola
e ti sabes que isto non é
medo
senón desexo
de non esquecelo todo
a alegría compartida se
duplica
e se vive na espontaneidade
que sei eu da miña perfección
acaso podo vela
non é algo digno da xente
pobre?
votar en menos o que non se
ve
mentres pasa por diante esta
fábula
malvendida
para comprender ca felicidade
abunda
onde a vida é superabundante
hai unha cousa so no mundo
que non poden arrebatarnos
a perfección
a nosa digna pobreza
vivir sen nada propio
topar o que os demais non
poden ver
comer beber e gozar da nada.
mércores, 12 de outubro de 2016
hai algo.
as obras de arte xa non son actos que perduran
xulgase a vida exterior das
persoas sen achegarse
nin unha decima á súa
interioridade
pero aínda queda algo no aire
falarse de se mesmo nun
perpetuo monologo
que carece de encomezar a
amarse,
amar
por que quizais é algo que
tende a medrar
e da medo
queda algo no aire que anula
as distancias
hai algo no aire que ninguén
adiviña a saber
evitando unha desgraza
absurda
para ofrecela alma nun tazón
de café
un motivo para sorrir
alimentarse de flores para
rezar e crer
atravesar os queimados montes
que so a admiración dun ser
superior
pode volver a erguer de verde
mentres todo durme ao redor
noso
hai algo que ninguén adiviña
a saber
os soños marabillosos
sen que o tempo te persiga
para seguir loitando para
crer
sen basearse en hipóteses
hai algo no aire que modela
o pensamento
un gran espello que descubre
unha pequena erroga
tan hábil e tan difícil de
ser entendida
como a beleza dos santos
que no noso arrogante silenzo
nos enfrontamos a ela.
martes, 12 de xullo de 2016
calor.
aquí a xente morre
fala soa nos bancos do paseo
unha procesión de bañistas
leva en andas unha serea
do río tea
pois aquí non hai mar
nun trono decorado
de plásticos multicolores
a area que queda na beira
é para facer torpes castelos
ca riada con moita
imaxinación
e á noite desfai nun inmenso
abrazo
acuático
que logo analizaran os
científicos
para deducir
que aquí a xente morre
fala soa nos bancos do paseo
por onde levan en andas
unha serea do río tea
din cousas sen querer
por que falan con Xesús a
diario
deixándose a vida
xa non hai xente do pasado
nin penas nin glorias
o saber xa non sae da dubida
nin se nomea á beleza
e a procesión de bañistas
leva en andas e correndo
para botar de volta unha
serea
ao río tea
antes de que morra de calor.
venres, 27 de maio de 2016
temporis acti.
á túa idade deberías ser máis razoable
deberías alongarte dos tardígrados
todo o que diminúe á
humanidade
todo o que detesta a
felicidade
sempre haberá tempo
para a ocupación dos anciáns
onde a voluptuosidade é
lembrar
a idade no que o corpo estaba
feito so para o amor
a recompensa de negar o
desexo
para ser digno de amarse
detesto todo o que diminúe ao
home
non habitalas horas do día
o simple animal que cae no
catre
o mexo nauseabundo do home
tan preto da súa perpetua
escravitude
sen poder avanzar un dia por
ano
empeñado en cambiar ao mundo
e non a el
pero todo o que é xove é
tenro
un carro nun mercado leva
máis verdades
cun home
el adora os cueiros para enmerdalos
para xogar a ser capaz de
medrar
e liberarse deles
esquece de que ten dentes para
mastigar
a sociedade é un Aquiles
vulnerable
que non se alonga da súa desmemoria
sempre haberá tempo
aínda metido dentro dun
frasco
para no momento xusto
deixala vida sen gloria
a vida que propón o home
exenta de aceptar ás miserias
ca constitúen .
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








