sábado, 10 de marzo de 2012

méntula.


hai un lugar perdido para ós homes
que é o desexo absoluto e un tempo de misterio
hai unha gran erección que dura eternamente
e rexe o ciclo dos anos dos nacementos
dos coitos pero é secreto
agora como de nenos situámonos detrás dunha porta
escoitando o que non podemos ver
como non se pode vela morte sen morrer
a méntula espida e en repouso convértete nun escravo
do que non es capaz de alcanzar o seu rostro
esperando a vez para entrar
polo guiceiro estreito á inmensidade doutro corpo
que nos leva vantaxe e do que non podemos distinguir
entre o secreto e o éxtase.

domingo, 19 de febreiro de 2012

quizais.


estiven a punto de partir
e o mar entoxábaseme un papel de prata
e no medio del un buraco inmenso
que me producía unha gran impaciencia
un mantel manchado sobre unha mesa
unha mancha de viño tinto nun traxe branco
fíxeche todo o que tiñas que facer
eu fracasei
os gromos queimados polo inverno
cheos de fe
mortos da vida cos ama
non será todo isto o que me salve
ti traendo flores
nos teus brazos
conquistando todo o que te traizoa
sondando o mundo cos seus pétalos
decidindo polo corazón
tan verdadeiro como o ceo
nos soños
renunciar a todo o que quero.

domingo, 12 de febreiro de 2012

fortes.


non é posible que todo isto sexa o amañecer
e que todo o que sufrimos sexa de balde
que pasen por riba das nosas ilusións
cargados de desprezo insultando a nosa orixe
reducíndonos a ser a enésima posibilidade
a seguir buscando a gravidade
empregar a aspereza dos ollos despois de ter soñado tanto
dende tan lonxe
non teño unha mesa de laboratorio
para construír máis fe nin máis esperanza
ler a nota da compra da miña avoa
foi o único descubrimento literario da miña vida
esta necia resignación que enxorda á realidade
este óbolo de patadas á paciencia
por que estou desexoso de amar a soidade
este cheiro demasiado doce ao esterco  
neste promontorio viril para poboar o mundo
onde non hai consolo e todo é inhumano
e so medran as desercións e todo queda intacto
levantando acta sobre a mesa da cea.




martes, 7 de febreiro de 2012

يجيبني


بعض ليلة التحايل على هذه الفجوة

أمل في حلة سوداء

تزيين هيئة المحنط من الملح

ليس لدي هذه الليلة لمشاهدة جسمك
وحتى الآن أنا كل العار
السماء ويأتي للعيش وسادة

وغامضة بشكل يائس عن منزلك
سفينة تسير على غير هدى وتقع في سقف منزلك
وأتصور لا يزال البحر وسحابة
الفقراء الذين يضطرون الى ترك للخير
غير قادر على الخروج من هذا السجن والركبتين
في انتظار غروب الشمس في الصمت عن النظام الدقيق
الزهور بلدي الزرقاء الجيدة هي الأشواك
المسحوبة على اللباس الخاص بك

domingo, 29 de xaneiro de 2012

cerámica. III.






ocultas aos ollos que non ven
como quen non sabe que lle depara
unha sorpresa
non pertencen a outro lugar
máis co delas despois de desleixar
tódalas palabras coas que se podían explicar.

cerámica.II.







nacer entre a calor elevada e a asfixia da auga
a madeira a herba o ceo....................................

cerámica. I.






andar por lugares onde ninguén andou antes
como flores abertas e imposíbeis
que te morden os ollos ao velas
eclipsado despois de tanta impacencia
un encaixe de miradas dende outro plano.