domingo, 12 de xuño de 2011

dono.

lee ven
fáloche entre susurros
do ceo e do inferno
que choren que choren
que choren todos
menos os que se dedican á agricultura
mentres miro polo oco dunha parede
todo o que pensei esquecer onte
o pasado me visita agora
son un apostata
destitúo a tódolos innatos
pois eu son un arcano
e a realidade non me é acesa
é tan difícil saber
todo o común que compartimos
cos seres mais ínfimos
en cambio o lugar onde me agocho
neste outro lado da parede en ruínas
faime percibir á materia
que como ela eu me resisto inerte
alguén que garda algo
no seu interior con celo
neste proceso inverso
podo dispoñer rir vencido
descalzarme e coller flores
despois de atravesalas encrucilladas
e ofrecelas a esta angustia que sinto
acaso cal é a miña dote
senón a que despois de abrilos dedos
da miña man o que  nela queda
e permanezo inalterable
podendo transitar pola vida en común
cos microbios.

sábado, 4 de xuño de 2011

dous tempos.


estou preso
dentro dun motor
de dous tempos
atado aos contrapesos
dun cegoñal
para dar só unha volta
esperando impaciente
que o bulón
exerza a presión
e que despois da combustión
perfectamente
os gases queimados
non se mesturen
que o aire gasolina e aceite
grazas ao deflector
pola lumbrera de escape
saian diáfanos
como a gasolina
os meus pensamentos
teñen que atravesar
unha malla tupida
para deixar alí
tódalas impurezas
si me deixa a agulla
de punta cónica
poderei entrar e saír
por favor pido
que o stárter
estrangule o paso do aire
no momento do arranque
e o motor quede ao ralentí
para acto seguido
despois desta marcha lenta
acelerar lixeiramente
e accionar do arranque
o seu dispositivo
que veña voando unha bolboreta
e coas súas ás
provoque a entrada de aire
aumentando a succión
deste gas enriquecido
un fundamento moi parecido
é polo prato magnético
o seu acendido
toparaste como eu me topo
agora enriba dun voante
nun extremo do cegoñal
sobre un imán
que sinala o sur e o norte
a miña mirada bobina
descubre sobre un núcleo
de ferro doce
dous arrolamentos
un primario e outro secundario
que ao xiralo voante
arrastra ao cegoñal
cortando o núcleo
as liñas de forza
que no imán
van dun a outro polo
pero sabes unha cousa
xa pode haber motores
que se a buxía non fai chispa
sexa de sangue quente ou fría
e aínda que os meus pensamentos
atravesen esa malla tupida
seguirei preso
nun motor de dous tempos
o resto dos meus días.

sábado, 14 de maio de 2011

babia.

en babia hai esperanza
crerse inocente e moderno
non nos preguntamos por nada
preferimos pensar
que todo é un conto
non perturba o egoísmo
nin desgraza nin anguria
e u odio é unha marabilla
neste inconexo mundo
aquí todo ao revés medra
non pode ser doutra maneira
en tamaño paraíso
onde as linguas son de baba
e as entrañas
o manxar preferido
onde a flor da pataca
medra exuberante
para adornar o histórico
materialismo
e tódolos días esperamos
a néboa no peirao
para que nos devolva a fala
aquí hai esperanza
asegúrocho
mendigalo animo é o ben
máis prezado
tanto que ás veces
morres sen descubrilo.

venres, 6 de maio de 2011

icona.



horizonte invisíbel
actual e único
sen nome
se non é na contemplación
horizonte perfecto
in nomeado
naufragar para pensar
impasíbel
unidade particular
disolta
en formas intimas
paixón
só unha paixón
movéndose dentro
dun ser mesmo
para mudar
un enderezo: o tempo
“cousa” cravada
nas costas da esperanza
“cousa” cravada
un enderezo: o tempo
para mudar
dun ser mesmo
movéndose dentro
só unha paixón
paixón
en formas intimas
disolta
unidade particular
impasíbel
naufragar para pensar
in nomeado
horizonte perfecto
se non é na contemplación
sen nome
actual e único
horizonte invisíbel.

luns, 25 de abril de 2011

pitagórico.



falas moi bien
es coma un dicionario
onde pon:
tempo é a incerta vitoria
por sufrir
sabes das alteracións
da repugnancia
máis falas moi bien
na casa temos
moito alcohol
non sabemos que facer
entre tanto desdén
omiso tamén ven no dicionario
máis non di nada da sorte
ando perdido, errante
que seria de nos
se non padeceramos
esperando un momento
a que a palabra
sexa modelada polo número
nunha aritmética dos sentidos
en sete dos sete ceos
unha escada
de intervalos musicais
falas moi bien
un dicionario di
mazá, dous puntos
antes de ofrecela
xa a comeu a serpe.

venres, 22 de abril de 2011

asfódelo.



Asfódelo, Gamón, Vara de S. Xosé. (Asphodelo albus). Liliácea.

(Dioscórides. Tradución do texto grego).

Asfódelo. [Outros ‘pequena cañaheja’ (narthēkion); os romanos albucium.] É unha planta coñecida pola maioría, cunha folla parecida a do porro grande; o seu pé é liso, coa flor no seu extremo, que se chama anthérikos [3]; as súas raíces son alongadas, redondas, semellantes as bellotas, de sabor acre, e con propiedades caloríferas.
Bebidas provocan a micción e a menstruación; a raíz bebida en viño na cantidade de 1 dracma (4´3gr) cura dores de costado, toses, espasmos e roturas. Facilita o vómito si se come na cantidade de un dado; se administra utilmente na cantidade de 3 dracmas aos mordidos por serpes. Se aplican as follas, a raíz e as flores, en cataplasma con viño, sobre as mordeduras; cocida a raíz con hez de viño, en chagas sucias e invasivas, inflamacións de mamas e testículos, furúnculos, diviesos; con fariña de cebada, para inflamacións recentes. Si se engade ao xugo da súa raíz unha decocción de mosto añexo, mirra e azafrán, forma un ungüento medicamentoso para os ollos. Só ou con incenso, mel, viño e mirra, en fomento tibia, convén a ouvidos que supuran; o seu xugo introducido so na orella contraria alivia os dores de dentes. Si se fai un emplasto das cinzas da súa raíz queimada crece o pelo das calvas. O aceite que se fai ferver ao fogo nas raíces ocas é beneficioso para os sabañons ulcerados e queimaduras; axuda aos que teñen dor de ouvídos introducíndoa na orella; a raíz limpa a lepra branca aplicada nun ungüento si antes se frotou ao sol cun pano de liño. O froito e as flores, bebidos en viño, son antídoto excelente de escolopendras escorpións. Tamén é prexudicial para o ventre.
[En outro lugar. Florece no tempo da colleita do cereal. É necesario cortar O asfódelo branco despois do equinoccio de primavera en vistas a que creza o froito. Din que a súa raíz bebida fai perder o apetito sexual. Cratevas o herbolario di o mesmo que
fol. 076rfol. 076v a súa raíz bebida con viño, 1 dracma é tratamento dos dores de gota.].
Emprego:
A raíz ten gran cantidade de almidón e utilizábase na antigüidade para fabricar pan. Os pés utilízanse para facer cestos, pero os usos máis actuais céntranse nas súas propiedades medicinais de uso externo (problemas da pel, eccemas e hemorroides). Tamén sirve para alonxar os mosquitos.
Desbotase o seu emprego culinario sen antes cocela por conter o alcaloide asfodelina que provoca o aumento do pulso cardíaco. VV.AA.

xoves, 21 de abril de 2011

esquecidos.



Adelaida Vallejo Leira. Emilia Estevez Vilaverde. María Pilar. G. de Fresco. Clotilde Paz. Consolo Domínguez Rodríguez. Herminia Fariña. María Otilia Docampo Pego. Anxeles Penas. Helena Villar Xaneiro. Matilde Lloria. Pilar Cibreiro. Áurea Lorenzo Abeijón. Aurora Vidal Martinez ………………………………………………………
Farruco Sesto Novás. Ernesto Guerra da Cal. Guillan Hermo. Avelino Gomez Ledo. Luís Amado Carballo. Manuel Luís Acuña. Roberto Blanco Torres. Lorenzo Varela. Rodolfo López Veiga. Manuel Pereira Valcarcel. Xosé María Díaz Castro……………………………………………………….
e tantas e tantos poetas máis.

Tampouco quedan asfódelos
nas tumbas dos heroes gregos
nin se dan nas despedidas
os seus ramos
esquecidos
semellades templos caídos
onde a mar bate en baixo
deixando unha resaca
de fracaso
e a vexetación se resiste
a morrer entre as pedras
dela nacen flores de vitoria
no voso templo sagrado
palabras que son pasto
do que foi inexorable
poetas
traducichedes o que non era
acceso ao ser humano
desinteresados
visionarios xeniais
vivides aínda que non o queiran
na vida de outros
dende as vosas ruínas perfectas
esquecidos
contemplándovos.