venres, 31 de outubro de 2008

auto xeral


xa non se lles leva,
nin patacas, castañas,
nin centeo,
xa non se lles da a parva,
nin pan, chocolate, pastas,
viño doce,
augardente
nin nada,
xa non se lles fai prantos,
nos cemiterios
o día de tódolos santos,
xa non se adiviña,
nin polas luces,
nin polos fachos,
xa non se escoitan
os laios
da pila bautismal,
xa non hai animas,
extraviadas
dentro das igrexas,
agora están fora
dos limites parroquiais,
non se gardan tampouco,
os restos de pelo
dos peines nos buracos
das paredes
para que os defuntos
da casa veñan a por eles,
xa non se leva
¡que pena!,
xa non se lles deixa,
un prato coa cea.

xoves, 30 de outubro de 2008

segredo


todo repítese, pensaba,
como si só os primitivos
enfrontaranse aos seus
Señores,
que as casas construíanse
onde hoxe,
que os vales eran ermos,
que o gando non tiña dono,
que tódalas vacas
estiveron tolas,
ca construcción civil
é unha empresa
do Estado,
que o atraso
é unha letra de cambio,
que miles de anos
non son nada,
que o menosprezo
é unha costume arraigada,
que a revolución
esta a durmir nas cavernas,
cós Mártires
son para colgar nas solapas
e levalos nas camisetas
xerigrafiados,
subvencionados,
pensaba na nostalxia
e outras epidemias,
baixo os borróns
dos Historiadores,
que todo esto non é novo,
ca conciencia é pecado mortal,
que a liberdade
é un préstamo a longo prazo,
amortizado pola frustración.
Que só teñen memoria
os Gañadores.

mércores, 29 de outubro de 2008

exipto


apenas hai auga
e a area é un ben prezado
polos réptiles
para irse deslizando
cara o Nilo
dilatando a súa pel
de estrondosos cores
serpenteando o seu corpo
sen apenas mocas,
estendéndose, recolléndose,
gardándose unha milésima
para camuflarse
disfrazados de pedras preciosas
sobre as dunas
reflexados polo sol,
parecen pequenos anacos
de espellos na saia de baile
dunha beduina perdida
no deserto,
non hai suspiro
que poda descifralo,
sen mans que xiren
ao compas da musica
dos escorpións,
non hai olores
senón o do suor da pel
entretida en bebelo osixeno
que torpe transita
por este deserto
que só desaparece
cando pronuncia: Exipto.
Gústache o atardecer, Faraón?.
Non. Abúrrenme os tambaleos dos camellos.
Entón non me levas velas pirámides?.
Non podo despois de coñecer Lapamán.
E a noite desaparece balanceándose
nos seus beizos.

martes, 28 de outubro de 2008

oración


líbranos :
dos tolos sen remedio,
dos que das castañas ,
só nos deixan os orizos,
dos mudos de tanto
que teñen que dicir,
dos que séntense deuses
unha noite calquera,
enchidos de sen razóns,
dos que poden durmir,
aínda cheos de dúbidas,
dos que na súa casa,
non precisan paraugas,
pois non teñen goteiras,
dos que desvanecéronselles
as gañas de aproximarse,
dos que empregan o suborno,
para apoderarse dos sentimentos,
dos que non saben acariciar
ou non acarician.
protexe:
aos que non topan
ningunha explicación,
despois de ser enganados,
aos que sen querelo,
téñense que despedir,
aos que todavia camiñan
polas estradas
cheos de soños por facer,
aos que non queren nada
a cambio,
aos que foron maltratados,
e aínda así deron tódalas
oportunidades para evitalo,
da humidade esvaradía
dalgunhas palabras,
dos dardos dalgunhas sílabas,
aos que saben de memoria,
o seu enderezo neste inferno
érguete con nos:
para converter o perdido
en bágoas de felicidade,
dende agora ata sempre.

luns, 27 de outubro de 2008

vampirizado


estou vampirizado
di a miña noiva.
“Estas vampirizado
pola túa muller”.
Levo este cardeal
é un selo persoal,
fíxomo ela
por que ela é unha vampiresa.
As veces fago exorcismo,
e vístome a o revés
por se alguén me sorprende
cun regalo
pero por máis que espero,
desexo e anhelo,
ninguén se acorda de min.
Ela sabe que o meu sangue
esta doado,
que tamén son un noctámbulo
e que a miña verdadeira profesión
é separar o soro o cloruro
e outras sales.
Estou vampirizado
pero non son un profano.
Estou vampirizado,
di a miña muller,
que a miña morte
reflexouse nun espello.
“Estas vampirizado,
pola túa noiva”.
Ela non é Xoana de Arco
e eu non son Gilles de Rais,
Nin imos o matadoiro
a por sangue de tenreiro.
Son unha ilusión,
non podo odiar nin amar
son inmortal
pero non teño
para mercar un ataúde,
Son o teu vampiro,
crávame a túa estaca
no corazón
e déixame morrer.
para chegar a sabiduria dunha vez.

venres, 24 de outubro de 2008

todo


É certo prometincho,
non o esquecín,
todo vai moi rápido,
nos soños tamén é así.
Quero que me deixes.
Como unha barca a deriva
como sempre me sentín
sorprendido de chegar
ao teu peirao
con algo nas mans
para ofrecerche
dolor é certo ,
ás veces máis nada.
Os teus ollos desnúdanme
e a min encántame
ser un idiota.
Teño que lavar
todo o que non leva a auga
e descuarizalo silenzo
para aforrar as palabras.
Seguro que en algún lugar
hai alguén que te esta a esperar,
eu non teño máis que todas
estas letras,
non serven para facer unha sopa
non serven para vivir
pero levan moito
de todos nos
de ti e de min.
Seguro que en algún lugar
hai alguén ao outro lado da porta
sen necesidade de que teñas
que deixar nada a cambio.
e sen tantas palabras,
por que pode facelo posíbel,
por que é libre,
e eu renunciei a miña liberdade
esta noite
a cambio de evitar todo este sufrimento.

xoves, 23 de outubro de 2008

deixa


deixa que pase o sol
entre as pernas
e seque o desexo de voltar
para convertelo nun anaco de trapo
voando polas rúas desertas.
Deixa que nos mova o vento
como marionetas
antes de partir para sempre
ao derradeiro sitio,
a luz infinita.
Déixao todo,
antes de ca sabana decreza
entre a suor fría
dos recordos
enriba dun frío retablo.
entre verdugos, raíñas e princesas
Deixa de poñerlle outro nome
para sufrir máis,
para non ser posíbel
chegar a ela.
Deixa.
Como as marionetas
trazar despois das palabras
silencios máis prolongados.
Cando caian as cordas.