luns, 11 de novembro de 2019

táctil.


perdín o libro de instrucións
para vivir en novembro
e pola miña pel
transcorre un formigueiro
nada se compara
cos teus húmidos abrazos
que aconchega as pontes
e do amor a rútina
co tacto disimula
nin problema filosófico
que valga a pena
nos teus senos déixame caer
que alegría
na luz distraída
desta desexada tortura
das horas que me viven
espidas aquí dentro
onde o vento leva
todos os pétalos non satisfeitos
palabras repetidas
ca sensualidade impiden
nesta nocturna travesía
que para existir convertemos
nunha gran loucura
saciarnos da auga dos nosos corpos
que despois de desmedida
se evapora.



venres, 1 de novembro de 2019

memento mori.


non sabería dicir moi ben
se sempre partimos antes de
ou é un simulacro
se nos pés levamos
as areas infinitas
do deserto pubiano do paridoiro
sempre partimos antes de
unha recta con moita visibilidade
unha cea magnifica
unha comida case copiosa
todo o abstracto
a sombra dun poema
un día que pasa a destempo
sempre partimos antes de
irremediablemente nos volvemos vellos
e as nádegas enfréanse
todo para atoparnos con ela
e o seu mortal cortexo
de paseo polas corredoiras
para sacudir a nosa banalidade
sempre partimos antes de
para despois de moito tempo
volver a cortar as herbas
cavar a terra para plantar semente
para esperar que creza
unha despedida ata mañá
sempre partimos antes de
lembrar que temos que morrer.



domingo, 27 de outubro de 2019

pandemonio.


nunha man sóbranme os dedos
para enumerar os momentos felices
para encherme de melancolía
podo en cambio ver con nitidez
todas as costuras do improbable
na miña condición mortal
da miña realidade tamén durmindo
debaixo das miñas pálpebras rem
esta o humano
máis alá do efémero
para defenderse sen saber por que
de si mesmo
compadecerse dos olvidos
mentres soño para seguir soñando
amablemente a humidade
transita polo meu corpo
como unha nube inmóbil
unha necesidade económica
unha estrutura atómica
unha ponte que sempre esta antes da casa
pola que pasa un río de pandemonio
que a ninguén lle importa
e xa está
non tes por que entendelo.





martes, 8 de outubro de 2019

escuros.



ausentes
sacoden o seu receo
e con indiferenza
pousan sobre nós
a súa acedume aborrecible
sen ningunha emenda
nos seus corazóns
nos agasallan con póstumas flores
vulnerando a nosa intimidade
soprando cara nós a súa treboada
sen saber
meténdose a patadas
nas nosas vidas
escuros
grazas á nosa resignación
brilan os seus ollos
cando nos nosos
ven tanta tristura
un desacougo lles acompaña
o resto dos seus días
non escoitan a alborada
e parécelles ca terra esta moi lonxe
escuros
para tratar de prender con alfinetes
o merlo que levamos dentro
esta lexitimidade que tan ben queima
máis a de vir o día
no que tomemos a palabra
ós que tanto nos repudian
e formaremos
a comunidade de desprezados ilustrados
grazas a todas as súas indiferenzas
licuaremos toda a súa acedume
nun zume de laranxa
e beberémolos dun trago.



xoves, 29 de agosto de 2019

no teu aniversario.



volveran as pedras a sentarse soas
buscando a sombra do atardecer
para escoitar xuntas como fala a herba
dependendo unhas de outras
para trazar un sendeiro
que guíe un verdadeiro amañecer
volveran prisioneiras de sabedoría
a querer viaxar cando se ergue o vento
volveran ter medo de durmirse unha noite
entre o cheiro dos sabugueiros
entre o marmulo da auga dos prados
que van levando entre ausencias
para dar de xantar ao gando
as pedras falan sen que ninguén as escoite
sen que ninguén as emancipe
non sendo os longos camiños
tan semellantes a nós
dentro dos afastados paraxes
das nosas empedradas conciencias
ausentes de vida
como os grilos que da calor
se refuxian debaixo delas
repiten unha e outra vez
o cri-cri-cri-cri-cri
que lle ditan e lles convén inertes
volveran as pedras a sentarse soas
nembargante esa relación non che vai perturbar
é mellor pensar que hai santas
que ninguén chama ao día seguinte
despois de consumilos cirios
e murcharse as flores
me pregunto se hai algo máis importante
que celebrar o teu aniversario.






domingo, 30 de xuño de 2019

antíteses.



cando todo é
coma se nada
remata todo tan cedo
como para pensar nunha soa solución
a túa certeza medra
non sei que hai que facer aquí
vin para que me zurciran o corazón
reflexionei moito sobre isto
apostando pola recta
para non retroceder
na contradición que hai en elo
a culpa é miña
pero tampouco me unifica
nin refuxiándome nas letras maiúsculas
e a serenidade é a do lume
cas aparencias acenden
aínda non basta!
si non é un ser que é
mais cunha causa
se non vas á memoria
quen es?
cando todo é coma se nada.



sábado, 6 de abril de 2019

colmo.


para quen eu escribo
volvera a ler de novo
por máis que leve horas
e horas ergueito
para tratar de xuntalas letras
tocando un piano
de teclas mudas
e golpealas ata facerlles falar
para quen eu escribo
ten que emendarse
e ser como un sol ben parecido
que sen queimar
quenta e cura
a un día enfermo
a primavera
o amor que non ten fin
para quen eu escribo
verá a miña mirada
enfronte da súa
no texto que le
e quedando calado
deixara que este colmo
lle encha todo o corpo
e non desexara máis que apertarse
e comprender a súa alegría
botándose a chorar
non ten remedio!
terá que calmar a sede primeiro
pero non a sede
que teñen os demais 
e collera a vida
sobre o seu peito todo
aínda que por momentos afogue
sen importarlle
tal goce
e como as béveras
que saen xunto as follas da figueira
non son figos
fuxira sen volta do pasado
para topalo pracer
para quen eu escribo
deisaraxe levar sen remordemento
polos seus pasos
xa non terá fatigas
por que xa non crera
nesa metáfora que se chama espera
erguerase!
por que escoitara o canto
que sae libre destas letras
para apoderarse da realidade
para quen eu escribo.