skip to main |
skip to sidebar
cando
poderemos coñecernos
sen
darnos conta de elo
nesta
vida de mudos recordos
e
ansiedades idas
cando
poderemos coñecernos
nas
sucesivas vidas
a
alma esquece á morte e vaise
a
súa esencia enche os xardíns
da
noite
ata
manifestarse de novo
o
recordo da mirada me atormenta
ao
deixarme vela no regato
que
baixa a modo pola veiga
este
amañecer frío e interminable
nunha
fráxil aparición
que
esfumase en bastas tebras
pasmado
serei
eu quen pasa polo camiño
o
unha imaxe do que fun
noutra
existencia antes desta
son
eu o que mira
ou é
outra mirada idéntica
cando
podamos coñecernos
entre
silenciosas sombras
sen
medo a que se esvaezan
guiados
nesta viaxe
de
mudos recordos e ansiedades idas
fálame
fálame para que eu saber
para
que a alma saiba.
repudiala razón das falacias
a
vontade vive dentro da loita
que
emoción ten máis dereito que outra
neste
tedio que é escribir
ata
que chegue o soño
e
cando é así cando acontece
tópate
espido liberado das ideas
borracho
de remexer na alma tanta espera
con
xorda muda e desesperada calma
de tódalas
cousas que veñen de fora
deixando
so apuntes físicos que se foron
diluídos
nos anímicos pensamentos
para
crear novas emocións
o
desexo de baixalo telón e cambiar de escena
un
tempo sen tempo para vivir
a soidade
bailando na lingua dunha vela
aspirar
o amargor de tanta dozura
de
todo o que non logramos coñecer
e
produce un culto descrido
final
do camiño para voltar a túa habitación
e
sucar o planisferio nun teito escunchado
esta esgotadora fatiga
doce
amargor do que non logramos coñecer
perseguir
e vagabundear neste final do camiño
para
non desfacer este ensoño
da
necesidade maldita de escribir.
cando de neno enterrei a frase
sen embargo
esforzábame por falar mais alto co vento
pero o vento non falaba
queixábase
e devolvíame un
sopro xeado
os días eran longos
para adiviñar as verdades ocultas
das cousas
e os homes facían alfabetos coas pedras
as bolboretas de filigrana e prata
voaban a redor da
luz da estancia
e as súas miradas humanas se acendían
mentres eu acariñaba os seus abdomes
unha noite en vela
era terminar unha paxina escrita
nun soño para non volver acordala
mellor é chorar por que se foron
tódolos seres amados
que sufrir o que detestas de algo que non conclúe
sen embargo.
esquecín o que tiña que dicirpara cando me poña enfermoti non farías o mesmo?os praceres fáciles flotan no universonun ceo de migas de panpolo que paseamos nunha calesatirada por cabalos de marino mariniata a hora da ceapara despois xogar coas estrelasnon teño nada particular que dicirmáis que desexaría poñer en orde ao descoñecidoque corta a herba do meu xardínpolo que van dous nenosda man dándose un bico de futuroe aínda conservan, certa inquietudesi maduran en min os teus proxectose a man da imbecilidade non os podrecedille el ao ouvido dela
xa é tardeabaixo da herba canta o desexo de matar ao xardineiro.
oin moito falar de
vos
tanto como pensar que vos coñezo
unha irónica mirada
para deixarme desconcertado
gañachedes un
round
e senteime como se me deran unha labazada
pero esta noite non teño outra saída
prefiro non coñecervos
non armar escándalo
por respecto ás habitacións do lado
por desprezo ao voso egoísmo
unha devoción absurda
quen traballa quen tece por beneficio da humanidade
non sodes vos
máis ca filosofía máis ca arte
a ciencia a literatura
pero non sabemos apreciar isto
aliviades as
miserias
para que non aia xustiza para ninguén
por que non ai bases sólidas
nos equivocamos de camiño
oin falar moito de vos
alégrome de non coñecervos
débiles raquíticos inválidos
feroces ferventes da relixión católica.
nada remata todo continua
a dor é antes co gozo
cando non postra de todo
así é que nada escapa ao seu destino
neste desvelo
todo o que seduce sen desmaio
amo a inquietude infinita
embriágame como un viño perfecto
mentres lembro días pasados
alí no desexo de algo esta a vida
e a felicidade esta tan preto
que nunca, nunca a alcanzaremos buscala dita unha e outra vez
sen entendela
soñar é esquecer que se esta só
venero o silencio sobre o meu pensamento
de todo o que crin que era meu
en fin no fin
quero mirar todo aquilo
que antes me mirou a min.
pecharse
no corpo soamente
alongar
esta dor
deixar
de contemplar á soidade
e
aínda así a vida fora non é tan violenta
facer
da alma unha hospede
de
varias vidas
a
inmensidade da tenrura
nunha
caricia inmaterial nun soño lixeiro
multiplicalas
emocións
e aínda
así a vida fora non é tan violenta
ala
arriba palidecen as estrelas
o
tempo te persegue aquí abaixo
deixei
de durmir
despois
de ter cumpridas as tarefas
e de
escoitalos himnos nocturnos
deixei
de ser dono de min
para
abrila porta a unha hipótese
a
verdade é múltiple
pero
a imaxinación é máis poderosa
e
aínda así aí fora a vida non é tan violenta.