as princesas nas torres
adecentan as súas cofiascon cansos pasos
e límpidas nubes
atravesando as súas venas
corpos enormes
mastiles ergueitos
evocando unha melodía
non escrita
nos seus solemnes regazos
sementa de talco o meu pescozo
antes de que mo corte este soño
eu matei as miradas indiferentes
dille ás palabras que sen tremer
veñan á miña bocae este suspiro que quede preso
nos toxos do acantilado
na auga que bate alí abaixo
onde danzan as follas
tiradas de loureiro
consagrando esta mañá
que loucura
este emotivo olor que me envolve!
canta un galo enriba dun compás
ás dunas levounas o nordés
onde a miña alma se elevaeu matei á beleza
co fin de fecundar o teu corponun encaixe tecido de seme
ven e espértame deste soño
antes co sol ilumineao meu amado país.







