xoves, 17 de febreiro de 2011

certeza.


os carros levan patelas
cheas de ollos
que a fame empurra
as costas
nos xardíns medran
orellas
que escoitan á adolescencia
facer un inciso
para deixar lazos pretos
nos talos das flores
desafiar aos que non falan
nin berran nin choran
a sangue bombea nas mans
que apértanse forte
e rompen tódolos medos
tódalas incertezas
as caricias amainan
a tempestade
en cada saluco de aire
nace unha vida nova
con significados novos
para desmontar
tanta superficialidade
nesta tempestade esperta a sede
dunha terra que non sacia a naide
abrázame abrázame
e mata esta incerteza perpetua
abrázame abrázame
e fai que perdure esta conspiración
facerte rico
para cuspirlle aos ricos
á súa cara dende a mesma altura
búscaos escóndense detrás de ti
e tira con eles a un pozo sen fin!
desbarata esta inquina
as larvas que descompoñen
as nosas inquedanzas
e convértennos en mendigos
da nosa memoria
abrázame abrázame e procura esta idea.

mércores, 2 de febreiro de 2011

insomnio.


cando esperto de súpeto
miro preto unha pel de veludo
que se pousa en min
coa súa lingua lambéndome
espesa e mal ulinte
tento escapar ir cara a ventá
descorrer o pano e vela la luz
pero cos seus dentes suxéitame
e non me deixa moverme
tenme alí debaixo dela quedo
as miñas bagoas corren polas súas mans
é a escuridade
de outras escuridades de antano
cada vez máis pesada mais intelixente
sabe en cada momento o que penso
remexe todo o que teño no miolo
entra e sae de min esnaquizándoo todo
viólame, dáme un lapote
cando lle rogo que se marche
prométolle cantarlle unha canción de cuna
para durmila cúspeme nos labres
quere negra e moribunda esmagarme
mordendo e roubándome a alma para ela
para vivir en min ata esgotarme
non ven o soño mentres conto
para que deste pesadelo me libere
as súas mans de xeo apalpan a miña pel
que nunha mortalla convertese
deixa de latir o meu corazón
e caio onde non hai espazo,
nin tempo, nin leito, nin habitación
nin porta nin ventá nin ceo
nin día nin noite
pousase un faisán na ventá e pon un ovo
e ela histérica rise
e eu lle imploro cantarlle unha canción
de cuna para que durma e me deixe
e ela bate en min maltrátame cúspeme
nunha alta torre senta un espectro
e nun ultimo esforzo deste desvelo
escapo e corro cara a porta
e ao outro lado no hall enloitado
topo degoladas tódalas bicicletas
que contei esta noite.

martes, 25 de xaneiro de 2011

para.



as follas das árbores
caen coma suspiros
sobre unha intersección
da mirada dun neno
unha fabula escríbese
dentro dunha noz
en vez de continuala sucesión
dise esperanza
que é un disfrace
que nos poñemos
cada vez que queremos
que volva a memoria
ou ser o que estas sendo
entre as miñas mans
pernocta a mimeses
unha colección de minerais
gravita na miña cabeza
todo parecese
e este misterio nin ao final
se desvela
tráeme flores e cancións
en vez de falsas promesas
quero gatear polo ceo
xa non espero nada da terra
outras festas han de vir
a este desolado hospicio.

luns, 17 de xaneiro de 2011

covardes.


1.

os obedientes prisioneiros
plantades flores
nos campos ermos
para que as pisen
os que vos alimentan
e abastecen
en vez de ser vos
os vosos propios amos
elexichedes ter moitos
para xamais liberarvos.

non escoitades nin ouvides
só os vosos propios enganos
cada vez que calades
morre con vos a dignidade
cada vez que consentides
sodes de toda inxustiza
os seus cómplices.

non mirades á cara
covardes
pois así nada vos compromete.

dades noxo
deambulando como fantasmas
polas rúas de cangas
estades por todas partes
nin soportades o mal
nin de acadar sodes capaces
o ben que decides soñar.

2.

ei de tirarlle pedras á lúa
para espantar todo este sufrir
mentres as nubes levan
tódolos meus anhelos
a golpes no peito.

escoito voces que veñen de lonxe
cabalgando no vento
son os vosos vendedores
que con eles traen o veleno
que toda ilusión de ser
a podrece.

tan pronto a lúa
me devolva tódalas pedras
que lle tirei
enterrarei baixo elas
toda esperanza
de que tan só unha das vosas flores
medre.

matachedesme tódalas noites
asasinos
o voso traxe de gala
e a morte.

martes, 11 de xaneiro de 2011

así o mundo.



neste século de prohibicións mantido
deixade que me lamente
de que me serviu vir a el
se no mellor teño que irme.

deixalo todo posto e en orde
os bens todos repartidos
e eu encámbeo co posto
é dicir: co meu pelexo e os meus ósos.

non seria por elo mellor
tirar tódolos males ao inferno
pois que eu saiba
ninguén ven a esta terra
para padecer neste cono.

de sabelo tamén
que as vidas anteriores
pasan factura e imposto
houbera de poder elixir
quedar naquel eterno reino
deixándome durmir.

crédeme se a pesar disto
vos digo que só son feliz
cando non te gardas comigo
un caracol que te entrego
o meu zume no teu limbo.

así o mundo se presenta
fora de todo acolloe
no que por lei estamos sumidos
un fermoso paraíso
onde tódalas árbores e flores
despréndense das sementes
en círculos para fertilizar outras terras
e a auga das fontes
nos mortais apaga o olvido.

onde todo se pode facer
na mais pensalo
onde non hai ningún color neste lenzo
que poda pintar a soidade e a dor
neste parnaso.

venres, 31 de decembro de 2010

deleite.


me deprime neste mundo
pensar que o peor
de tódolos martirios
seria non ter pracer nin dalo
ou maior goce
que cabalgar na túa grupa
e correrme.

me deprime neste mundo
que despois se abrande e mingúe
a pesar do desexo que se ofrece
e tamén na mais que ter un nabo.

pero de tódolos deleites
o mais inmenso
e sermos dous cabalgando
ao unísono
o teu coño e o meu nabo.

desta maneira teño en mente
para saír desta tristura
comer o teu figo se me deixas
e saborealo lentamente.

descubrir que o único
que non me deprime e me libera
e cando meto entre bicos
alma miña
o meu nabo teso na túa vulva
e berro de felicidade e consolo
corréndome por ti todo enteiro.

sábado, 25 de decembro de 2010

job.


sei declarar acaso o que persigo?
ser un home
sen renunciar a ser home
a pesar de tanto desengano
queda o soño, o delirio
ser comesto polo silencio
non sei pedir iso fano os animais
eu so mendigo o que teño
non pido nada a ninguén
concedo todo favor
cubro a miña desnudez
co esplendor
esta desdita de non ter “ser”
coma ao revés das criaturas
e podo pensar encámbeo
en vislumbrar a conciencia
demasiado humano
para saber que non é unha pregunta
senón unha resposta
sei declaralo que persigo
por que non é o pensamento
é a acción,
a naturalidade da esixencia
do lugar exacto
que non esta no demos
nin nas cláusulas, nin nos teoremas
esta na cesación
de xerar o gratuíto o inhumano,
para aceptarse ser mendigos
con tódolos erros do home no peto.