luns, 1 de novembro de 2010

non te espero.


eu non te espero.

se fora acaso un pouco de fame
aceptaríao coma un deber
máis esta marabunta
que vai en procesión
deixando intactas tódalas cousas
preservando a fertilidade do mundo
para que todo sega a ser
tan fermoso como inútil
tan conmovedor como
estes gramos de tinta
que a ninguén consolan
e que son as mesmas palabras
que empregan os demagogos
os comerciantes, os publicistas,
a igrexa, os banqueiros,
os que aman, os que odian,
as mesmas que empregan
os sádicos para aniquilar
ás súas vítimas

esta puta que quere
converterse en virxe
en cinco letras
nesta folla de celulosa e cloro

ja,ja,ja, se cando digo:
o futuro aforcase nunha figueira
vencida a pola polas brevas
anegando o léxico de seme
deixaramos de coleccionar pobrezas
entre tanta seriedade
tanta política, tanta poética

a auga de lavala roupa
tamén se bebe

espertei moi cedo
para ir matalo papa
e cometer un papacidio
ditoso o que escoita
pois poñerase lucidamente
a beira da cizaña
do campo de trigo evanxélico
onde xogan douscentos nenos xordos
a cravar no corpo dun cura efebolico
todas estas letras berrando

mentres o futuro aforcase nunha figueira
vencida a pola polas brevas
anegando de seme a terra
para fertilizar pobrezas
e voan o papamovil, o papa
o clero e os políticos
os serafíns
polo campo de estrelas.

xoves, 28 de outubro de 2010

pasado mañá.


"A miña linguaxe é a puta universal á quen teño que converter nunha virxe". Karl Kraus.

xoves, 14 de outubro de 2010

na inopia.

Este vídeo que aquí presento nun formato Nero Show Time só pretende falar deso mesmo da inopia e dicir desa pobreza que a algúns nos ten tan sumidos e tamén tan asumidos.
Isto non é un préstamo, non é un pretexto é unha resposta a tanta inopia. Grazas.

luns, 20 de setembro de 2010

culpa.


son un simple condenado
unha arbore torta sen enderezo
unha boca cerrada
pola que non entran as moscas
e toda a culpa
a razón para sobrevivir
fixen algunha promesa
pero querendo ser licito
encadeoume o esquecemento
e déixeme da felicidade
de tratar aos demais como iguais
non me laio
condenado pola culpa
do que xa non doe
e saíu da miña memoria
compro e vendo o esforzo
algo tan antigo
coller e agarrar
o ollo e a man do ser humano
estou condenado á mala conciencia
ao pracer da persecución
que volve todo instinto cara dentro
e contra un mesmo
ti que me ofreciches unha flor sanguenta
para amainala sede da miña loucura
e pousaches nos meus labres
esta desfigurada beleza
agora canto maior é a miña débeda
tanto máis e o poder dos deuses
é tan grande a miña inocencia
que so pola dor volvo á memoria
e deixo intimidarme por ela.

mércores, 15 de setembro de 2010

ala vai.

pasado mañá presentamos libro en vigo.

martes, 14 de setembro de 2010

anónimo dixo....


Nada novo, que afogo!
na nada novo, sen alento,
nada sen tormentos,
nada meu, nada, non facemos nada,
sen nada que facer nada que dicir
sen nada máis que criticar
e nada mal e nada ben
e nada que o torrente flúe
e nada, eu morrín, xa non son
e nada, desaparecín, do redor
e nada, que tal?
e nada, non estarei
e nada, meu rei
e nada, sen nada, para nada por nada digo eu que debo felicitarte polo teu tesón, xa non temos nada.

Asdo.: Efemérides Todo
12 de septiembre de 2010 10:14
(aparecido neste blog o día e data enriba sinalados).

xoves, 9 de setembro de 2010

eu.

eu.

agora chego antes ao traballo

cobro menos

estou hipotecado

síntome temeroso

adaptado ás adversidades

descontento

espoliado por outros

alleos

paciente

coa conciencia amortizada

pola frustración

inútil

encho botes valeiros

de REALIDADE

e mordo o corazón

para non atragantarme.