xoves, 28 de outubro de 2010

pasado mañá.


"A miña linguaxe é a puta universal á quen teño que converter nunha virxe". Karl Kraus.

xoves, 14 de outubro de 2010

na inopia.

Este vídeo que aquí presento nun formato Nero Show Time só pretende falar deso mesmo da inopia e dicir desa pobreza que a algúns nos ten tan sumidos e tamén tan asumidos.
Isto non é un préstamo, non é un pretexto é unha resposta a tanta inopia. Grazas.

luns, 20 de setembro de 2010

culpa.


son un simple condenado
unha arbore torta sen enderezo
unha boca cerrada
pola que non entran as moscas
e toda a culpa
a razón para sobrevivir
fixen algunha promesa
pero querendo ser licito
encadeoume o esquecemento
e déixeme da felicidade
de tratar aos demais como iguais
non me laio
condenado pola culpa
do que xa non doe
e saíu da miña memoria
compro e vendo o esforzo
algo tan antigo
coller e agarrar
o ollo e a man do ser humano
estou condenado á mala conciencia
ao pracer da persecución
que volve todo instinto cara dentro
e contra un mesmo
ti que me ofreciches unha flor sanguenta
para amainala sede da miña loucura
e pousaches nos meus labres
esta desfigurada beleza
agora canto maior é a miña débeda
tanto máis e o poder dos deuses
é tan grande a miña inocencia
que so pola dor volvo á memoria
e deixo intimidarme por ela.

mércores, 15 de setembro de 2010

ala vai.

pasado mañá presentamos libro en vigo.

martes, 14 de setembro de 2010

anónimo dixo....


Nada novo, que afogo!
na nada novo, sen alento,
nada sen tormentos,
nada meu, nada, non facemos nada,
sen nada que facer nada que dicir
sen nada máis que criticar
e nada mal e nada ben
e nada que o torrente flúe
e nada, eu morrín, xa non son
e nada, desaparecín, do redor
e nada, que tal?
e nada, non estarei
e nada, meu rei
e nada, sen nada, para nada por nada digo eu que debo felicitarte polo teu tesón, xa non temos nada.

Asdo.: Efemérides Todo
12 de septiembre de 2010 10:14
(aparecido neste blog o día e data enriba sinalados).

xoves, 9 de setembro de 2010

eu.

eu.

agora chego antes ao traballo

cobro menos

estou hipotecado

síntome temeroso

adaptado ás adversidades

descontento

espoliado por outros

alleos

paciente

coa conciencia amortizada

pola frustración

inútil

encho botes valeiros

de REALIDADE

e mordo o corazón

para non atragantarme.

sábado, 21 de agosto de 2010

fornelos pranto


falarei en nome deles
dos que quedaron mudos
para sempre
os que non van volver
eu os chamo
imaxinando a súa dor
entre as linguas de lume
e nubes de fume
querendo vir entre nos
aínda as súas figuras
están dentro do perímetro
consolándose
lembrando un mal soño
vivir nun país desagradecido
a vida a mans cheas
como unha tea carbonizada
voando entre as muxicas
para quedaren suspendidas
para sempre sobre as lapelas
dos responsábeis deste pranto
que fale a indignación
dos que como eles
a pesares de seres apestados
coma as putas
nunca protestamos
vos que como heroes
deixachedevos quedar en fornelos
para descubrirnos
que non temos nin institucións
nin políticos
que temos en cambio
chaquetas cruzadas
sobre cadeiras e mesas bonitas
con ventas polas que ninguén
mira para ollala la lúa cando medra
que xa medran os nosos cartos
nos seus petos
fillos da gran puta!
así consolades a morte
coa vosa indiferenza
eu falarei sempre en nome deles
e aborrecerei este poder insólito
e aos que tivérono todo
e agora non teñen nada que perder
e calan
ou desdita!
cando volvan os caracois
sobre o monte queimado
volverei a maldicir a vosa desidia