mércores, 19 de maio de 2010

medea.


quixera non saber escribir
levar enriba a pel dun animal
e abalanzarme
sobre das partes podentes
das cousas
para logo en paz
entregarme ao meu liberto
arroxar de min a miña impudicia
cazar para preceder á relixión
posuír a virtude
para dominar esta ira
e cego como un salvaxe amar
como cando non vemos o que facemos
nin o tardío arrepentimento
para levalo tanto tempo ás costas
para adorar un sarcasmo
onde esta Médea!
dime que é máis que unha pintura
un fresco na parede que se vai esvaecendo
para debaixo da súa túnica vernos
cando nenos xogando ás chucas
mentres ela rega a semente
que en min floración invencible medra
que aínda non podéndose ver
ninguén pode detela
e vai arrastrando todo consigo
tomando pulo nesta feliz loucura
que inflama as vísceras todas
e a compaña humana aborrece
para a que non hai peirao nin abrigo
onde a dor e o amor incansábeis bailan
sobre un chan de pensamentos
pechados en cada recadro das lousas
que á tempestade anteceden
un ourive de amas de cría
que nos meus ollos se asoman
para precipitarse
ao destino de tódalas cousas.

domingo, 9 de maio de 2010

maio.


entre a fame e as rosas
non hai un soño igual a outro
nin pracer sen ser saciado
nin temor que me invada
neste lupanar cheo de fetiches
no clandestino silencio da noite
onde parece máis fácil toparse
con un deus que con un home
ou morrer nunha frontal mirada
do reflexo da auga dun regato
para quedar a voz suspendida
polo resto dos séculos nun eco
que visite o monte cada noite
cando o lobo empeza a ver a luz
e que se salve
quen o escoite sen envexa e oblicuo
e se non é así
se converta nunha rocha de granito
nunha cabeza afastada do corpo
nun anaco de abecedario
para quedar para sempre
observando mudo o río
esperando a que outro se contaxie
e co reflexo da auga ocupe o seu sitio
e o seu corpo transfórmese nun penedo
a cabeza afastada do pensamento
un silabario calado
esperando saír da imaxe o seu reflexo
nesta noite de maio
para a veneración das vestales.

xoves, 29 de abril de 2010

arrolo.



cando cheguei xa empezara á misa
o arume do incenso enchía o adro
e as voces do coro esparcianse en ápices
polo campo
ala abaixo os postes da central eléctrica
parecían xigantes atemorizando á aldea
no medio do millo plantado
so algún paxaro deixábase caer de bruzos
nos ferros que parecían longos brazos
para deterse un momento
e gañar un pouco da airexa que do río
subía ata o muro cuberto de musgo e lagartos
eu non estaba só comigo viña un can xogando
que enredábase nas miñas pernas
e de min de cando en vez ia tirando
logo recostábase na herba
e subía a súa cabeza oteando ao lonxe
querendo aproveitalo fráxil salouco
que nos viña a visitar de cando en cando
pensaba para min que ia ser unha magoa
que a nosa amizade durara un funeral cantado
estaba decidido a adoptalo
daríalle cariño, comida e un fogar
o sol mentres caia sobre nos
como si estiveramos abaixo no purgatorio
alugamos unha sombra a beira da igrexa
baixo unha oliva centenaria
canciño cando miraba para min so lle faltaba falarme
con un xesto de desculpa e de pena
amosábame de preto a mesma cara
¡descanse en paz! que a do finado
ao erguela vista ao ceo
un pouco antes de que sairán da misa
do can non quedou rastro
despois da igrexa saíu a miña ama
cuberta de loito e sorteando as mans que a saudaban
leva presa por asomarse ao muro
para dende alí imaxinar a quen á estivo a esperar
e non puido ver
as veces todo sae como ninguén quixera
despídense de un e non es capaz de recoñecer
que o que se vai vaise para non volver
de volta a casa polo camiño
eu contáballe este conto para entretela
e ela moi segura me dixo:
o próximo funeral saio antes da igrexa e voume con el
nese momento no ceo pasou unha nube
a modo dun can e fíxose unha sombra
e empezou a chover
voando a altura dos postes
os brazos de ferro parecían acovardarse.

mércores, 21 de abril de 2010

non tanto.


despois de saudar aos merlos
collín e nun recanto do universo
senteime sen presa
por se facía falta tirarme a voar
encolléndome para tomar impulso
estou tan seguro de soportalo
e dende aquí mirase tan claro todo
estou tan lonxe da tempestade
que a outra parte deste esforzo
parece que mudou
quen non seria capaz de velo dende aquí
e iso que sempre estivo para nos
agora que tanto iamos cambiar
agora que dos silencios ían medrar ramas
de arbores deshabitadas e noites antigas
nesta estación onde vivimos
e eu aquí sentado sen presa
baixo este probe teito de estrelas
desocupado de min, estacionado
esperando unha aparición
algo tan estraño como un verso
que me provoque unha reverencia
na seguranza de que esta por vir
no debuxo do son das pegadas dos galgos
cor mel e cereixa
nas leiras negras de labor
onde se erguen os retratos dun home só
que sabe que non lle basta con ter recordos
que o único que o impacienta
é chegar a un misterio máis profundo
a única virtude que me queda por usar
para recoñecelo pasado.
Ssssh en silencio.

mércores, 14 de abril de 2010

réptil.


suspirabamos de pena por ocultarnos
e os minutos que pasaban
pasaban artificiais
se non fóxemos ameazados
polo medrar dos talos e o sorriso das flores
no seu contaxio
non lograriamos que esquecidos
os nosos brazos se ergueran
se abrazaran e fundidos foran un só
un so bico, unha soa bagoa, un só latexo
nin abririámola maleta e guindariamos fora
a indolencia que levabamos dentro
e detidos no centro da estrada
onde os cans nos xaneiros
xóganse a vida
no ir e vir de cortexalas cadelas
as mans como ácimos
reptararían polos nosos corpos
como nas parras
e estariamos arranxando non sei qué
en troques suspirabamos de pena
cando se mira así un esta dentro doutro
aínda que se saiba ben pouco de todo isto
ou que alguén tivo que facelo antes
nun xardín futurista movíanse como monecos
traballadores vidos de fora
dentro do intestino dun inmenso rúmiante
que despois de dixerilos
miraba para nos con burla e berraba:
os probes do mundo ¡presentes!
os que non chegan a mediados de mes
¡presentes tamén!
e nos suspirabamos de pena
pedindo un desexo a longo prazo
para volver a miralo chan
e desterrar dos ollos tanta vergonza
de estar nesta ringleira á forza
escoitando tódolos sons do dia, todos
ata quedar xordos
os obreiros non falan como literatos
nin como poetas
non cambian os significados dos significados
non tapan os ollos
volven submisos ao inferno outra vez
esquecéronse da república.

martes, 6 de abril de 2010

ata


sen pedras non hai arcos
dun tempo ata aquí deixeime ser
mudei de entretemento non vin caso igual
pasei debaixo dunha ponte
e con coidado asinei despois
nunha das súas doelas
ai un tempo no que non estou
para estar mais a miúdo
e despedirme de min
coma se non me fora a volver ver en moito tempo
eu non me coñezo
nin tampouco querería facelo
pois de seguro que asustaríame
poñeríame nervioso
e caería nunha desesperanza
que ninguén ata o de agora coñeceu
e sostendo cos brazos á cimbra
baixo a súa luz
voume acendendo por dentro
afastando a escuridade
dos meus medos
esta alcatrea
escoitando a túa dita
e sinto ledos os meus osos rotos
polo peso que levo enriba
vas ter que facer algo
eu son firme e estrito
unha columna toscana
neste piso baixo
para soster esta ponte
ata que ti mires para ela
e ocupes o meu sitio
debaixo da clave mirando para á xamba
deixando que corra o aire
que corra a auga para que non enturbe
e se podan ver tódalas pedras que forman
este arco.

martes, 30 de marzo de 2010

soño

soño: acto de representarse na fantasía,
sucesos ou especies. Cousa fantástica
e sen fundamento, ilusións……………...
onde nos levan os soños?
pode que onde non poderiamos vivir
espertos, por que espertos non
consideramos nin procesamos
os problemas da vida esperta.
Por certo os soños son latifundios?.
¡menos mal!.