cheiña de pena
aínda non pasou un día
e xa ninguén te lembra
as túas ilusións deixadas
entre a fría herba
o teu cabelo cheo de folerpas
antes de curar
xa che están a facer outra fenda
pois ti non berras
ningún deles e delas
saber de ti queren
senón comendo polbo da polbeira
ninguén te lembra
terra!
presumindo do que non tes
e do pouco que che queda
vas de feira en feira
sendo todo menos o que quixeras
un triste garabato
grazas a quenes te someten
e a quenes deixan que te sometan
perdida na túa propia historia
es a dona dun gran circo de mostruos
que prefiren vivir dun petisco
aos pés dunha escaleira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario