non sei que recordo
acende os teus ollos
as ondas que azul baten
que a mar levan e traen
sobre a saba
onde te deitas
unha acuarela de tea
que se dilúe no destempo
un soño que viaxa contigo
ao longo de todo o día
que pensa en revivir
para salvarse do invisible
facéndose comprender
unha augamariña que enxauga
o salitre dos teus beizos
cada mañá
despois de espertarte.


Ningún comentario:
Publicar un comentario