e que todo o que sufrimos sexa de balde
  que pasen por riba das nosas ilusións
  cargados de desprezo insultando a nosa orixe
  reducíndonos a ser a enésima posibilidade
  a seguir buscando a gravidade 
  empregar a aspereza dos ollos despois de ter soñado tanto 
  dende tan lonxe
  non teño unha mesa de laboratorio
  para construír máis fe nin máis esperanza 
  ler a nota da compra da miña avoa
  foi o único descubrimento literario da miña vida 
  esta necia resignación que enxorda á realidade
  este óbolo de patadas á paciencia
  por que estou desexoso de amar a soidade
  este cheiro demasiado doce ao esterco  
  neste promontorio viril para poboar o mundo 
  onde non hai consolo e todo é inhumano
  e so medran as desercións e todo queda intacto
  levantando acta sobre a mesa da cea.

 

1 comentario:
Di que si e tamén coitados.
Publicar un comentario