cando chamo ao ceo
non para falarlle
nin pedirlle nada sequera
ou deter as nubes de medo
que como ás axitadas
de anacos de sal azulada
sobrevoan a miña cabeza
cando chamo ao ceo
e quedo mirándoo
agarímame os bordes da cara
un sol perverso
que bate no meu espello
nas miñas mans
afogase un barco de papel
nas bágoas dun fiel mariñeiro
cando o chamo
non é por falarnos
senón polo desexo de facelo.