martes, 12 de xullo de 2016

calor.


aquí a xente morre
fala soa nos bancos do paseo
unha procesión de bañistas
leva en andas unha serea
do río tea
pois aquí non hai mar
nun trono decorado
de plásticos multicolores
a area que queda na beira
é para facer torpes castelos
ca riada con moita imaxinación
e á noite desfai nun inmenso abrazo
acuático
que logo analizaran os científicos
para deducir
que aquí a xente morre
fala soa nos bancos do paseo
por onde levan en andas
unha serea do río tea
din cousas sen querer
por que falan con Xesús a diario
deixándose a vida
xa non hai xente do pasado
nin penas nin glorias
o saber xa non sae da dubida
nin se nomea á beleza
e a procesión de bañistas
leva en andas e correndo
para botar de volta unha serea  
ao río tea  
antes de que  morra de calor.