xoves, 31 de decembro de 2015

felices os que choran.


nunha terra cor cenoria
como unha alfombra
na que se bordaban oasis
de mel e améndoas
onde vagaban perfumes
que embriagaban como licores
agora pobos borrados
tinguidos pola forza
de sangue monótona
unha paisaxe habitada polos corvos
por soños violentos
mexidos tódalas noites
por un mar de sen razón
cos anega
mulleres convertidas
en xardíns enloitados
para o egoísta amor
dos seus falsos profetas
borrachos de fumar resina
e éxtases relixiosos
para anular do seu calendario
tódalas primaveras
entre o cheiro á sangue
de petróleo, titanio, e auga
árbores que non mexen niños
follas que por medo
non medran
nenos como faragullas
desfeitas ao seu antollo
oriente xa non é
a terra amada polos profetas
as estrelas que non roubaron
fuxiron entre a morte
e percorren toda a terra
nos pasos fatigados dos perseguidos
que non foron asasinados
torturados crucificados
en kenia exipto libia siria afganistán
os están matando
non se pode calar
tarda demasiado a xustiza
que vence
aos que por medo a que sendo felices
sexan poderosos
felices os que choran!
como os que non esperan
nada da vida
proclives á miseria
á felicidade a conta dos outros
sen observar aínda a natureza
so temor a axitarse do propio espanto
adoradores do estupor
pobres enfermos da ausencia de alegría
sen bondade se non é hipóteses
dubidando aínda para dentro
que a terra é redonda
finxindo unha moral imposible
exenta de identidade
máis ca confusión como estado habitual
dos  que viven no reino dos pantasmas
de homes menos vivos
de indiferentes aborrecibles
todo o que diminúe a realidade
grazas á irrealidade
oriente xa non é
a terra amada polos profetas
as estrelas que non mataron
fuxiron e percorren toda a terra

felices os que choran!.