mércores, 21 de setembro de 2011

sede.


a secura de arrombar a vida
de entreabrirse de abrazos
de soster a ilusión nos beizos
do que non podes ver
dende a ventá a quen se perde
entre as nubes
as flores que nacen na auga
as bolboretas que se deixan
morrer nas noites de outono
sentir dó embriagado
ata perdela noción
do misterio dun bico
quen serei quen quero ser
amando cousas sen nome
de sede embriagado.






xoves, 1 de setembro de 2011

átomos.



marcharemos a unha terra lonxana
onde non ai olvido nin presa
por saciarse
onde as cicatrices que procura
o recordo vanse como os paxaros
nun dia de tormenta
estenderemos espellos
que proxecten sombras
e os arqueólogos buscaran atisbos
de literatura nos nosos sexos
alí os voyeurs non miran
por que o que ven non perdura
é cego
marcharemos a outro extremo
do mundo
onde hai un universo infinito
e brotan incansables átomos
nel nin existen distancias
entre os corpos
nin o drama entre amantes
marcharemos a ese pasado perdido
a idade feliz á utopía
ao futuro por crear
ao amor como única ambición
nunha cópula ata o limite
a salvo do inferno.