venres, 21 de agosto de 2009

seda


agora remataría
de coselos beizos
se tivera fío
para deixar
de falar.
non estou
senón é rodando
nunha rede espiral.
non estou
se non é comunicando
dende o centro
do mundo.
ela desprendese da súa tea
e cae como nun parapente
cos seus pedipalpos
na area finísima
da praia
que asemella
un ring de boxeo
ao anoitecer.
logo ven onde min
para preguntarme
por onde se vai
á antártida
eu non llo digo
se non me da
unha madeixa de fío
de seda
para coselos beizos
e deixar de chamarlle
ao abecedario
a-be-ce-da-rio
deixar de esfiar
unha vida vella
para anebrar
torpemente
unha nova vida
eu non llo digo
ela sabe que a lúa
é unha inmensa araña
que tece tódolos destinos.

luns, 10 de agosto de 2009

simil


cando apunto
co dedo índice
á miña sen
e logo premo o gatillo
co polgar
falezo
caio redondo
e todo o que posuía
falece comigo
é tan triste
¡bang!, ¡bang!, ¡bang!,
para ir ao carallo
non sei onde é
tampouco teño
por que sabelo
cando premo o gatillo
co dedo polgar
esvaecese todo
e morro estrañado
ao meu redor
xurde un charco
de escarcha e xeo
para logo
irme ao ceo
que tampouco sei
onde carallo esta
cando apunto
co dedo índice
á miña sen
¡bang!, ¡bang!, ¡bang!,
penso si verdadeiramente
pasei á outra vida
o só mudei
do sobresalto inicial
para estrañamente refuxiarme
na necesidade inmediata
de falecer
non é por covardía
é tan sinxelo
como apuntar
co dedo índice
á túa sen
¡bang!, ¡bang!, ¡bang!,
vaste ao carallo
para volver
a vivir outra vez
non, non é igual
pero é unha maneira
de morrer
como outra calquera
de esnaquizar
todo o que non podemos ser
e de actualizala lei da gravidade
cando achego
o fío do dedo índice
e o apoio firmemente
na miña sen
¡bang!, ¡bang!, ¡bang!,
asegúrome que a recamara
esta chea
que é imposíbel errar
para non ter que vivir outra vez
nesta pena.